Hoxe é un día especial, un día adicado a visibilizar que as diferencias enriquecen e que o respeto polas mesmas nos une, o
"DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES"
Que sorte que todos e todas sexamos diferentes porque así realmente podemos aprender uns dos outros!
Ademais doutras actividades levadas a cabo durante este día no noso cole (que podedes visionar no blogue BIBLIO-BALIÑO con acceso directo dende a web da escola), tamén tivemos no recreo unha merendola de froitas e froitos de outono (peras, mazás, mandarinas, laranxas, caquis, améndoas, pistachos, abelás, noces...) que todos xuntos compartimos. Nenas e nenas participaron dun anaquiño de tempo saudable durante o seu tempo de lecer, baixo un lema que dicía:
"COMA AS FROITAS,
TODOS SOMOS IGUAIS,
PERO DIFERENTES"
Non debemos esquecer que
"Todo o mundo é un XENIO pero se xuzgas un peixe pola súa habilidade para trepar a unha árbore, vivirá toda a súa vida pensando que é un inútil"
(A. EINSTEIN)
No hay comentarios:
Publicar un comentario