viernes, 28 de octubre de 2022

CABAZAS DE SAMAÍN

 A profe Lara, de Infantil de 4º e 5º, con motivo da celebración doutra das nosas tradicións galegas "O Samaín" faloulles aos seus cativos e cativas que as cabazas podían ter diferentes formas, non so as típicas redondas. Seica hai unhas alongadas que se lles chama CABAZA VIOLÍN Que nome tan curioso e divertido!!

Deixando voar a imaxinación e nun alarde de creatividade pintaron a Violín o que máis lles apeteceu!! Velaquí tedes as fotiños deste momento artista!!!









MERENDAS MEDORENTAS CON FROITAS E INGREDIENTES SAUDABLES

 Coma os anteriores anos e chegada esta época de festexo do Samaín, os nosos rapaces e rapazas xunto co profesorado botaron a voar a súa imaxinación e coa axuda das pescudas en Google.... prepararon por grupos de nivel unhas deliciosas merendas medorentas con froitas e diferentes ingredientes saudables. Logo compartímolas todos xuntos no recreo da mañá... 

Que medo máis saudable tivemos hoxe!!! Así moitas veces....





jueves, 6 de octubre de 2022

MANTEIS INDIVIDUAIS PARA AS MERENDAS

Os máis pequenos e pequenas do Baliño fixeron unha pequena investigación sobre os alimentos máis saudables e os non tan saudables. Despois, e aproveitando material de refugallo  (catálogos dos supermercados) elixiron diferentes fotos de alimentos sans para crear uns preciosos manteis para as súas merendas. Por detrás, e dándolle vía libre a imaxinación, escribiron os seus nomes e realizaron un debuxo.














ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA