martes, 31 de marzo de 2020

BACALLAU AO FUS FUS "EUQUEDONACASA

Boas, boas, boas...xa vai quedando moito menos... exactamente UN DÍA MENOS!!Que ganiñas temos de volver a vervos!!👀💓 

E nós seguimos a recibir receitas dos rapaces e rapazas do cole e do noso equipo do Monte Baliño. Así da gusto FICAR NA CASA.

Hoxe deleitámosvos coa marabillosa receita de MENCÍA de 2º, que preparou xunto coa súa familia un prato do máis apetecible e cun nome moi gracioso: BACALLAU AO FUS FUS #EUQUEDONACASA



BACALLAU AO FUS FUS

INGREDIENTES:

  • 6 anacos de bacallau
  • 2 cebolas grandes
  • 1 dente de allo
  • 2 pementos vermellos
  • 2 pementos verdes
  • patacas
  • 1 vaso de viño branco
  • aceite 

PASOS ELABORACIÓN:

  1. Primeiro temos que por a desalgar o bacallau un ou dous días antes (dependendo o grosor) cambiando a auga dúas ou tres veces ao día.
  2. Picamos as cebolas, o allo e os pementos e sofreímolos. Engadimos o vasiño de viño.
  3. Cortamos as patacas en rodas finas e fritímolas un pouco.
  4. Prequentar o forno a 200º.
  5. Collemos unha bandexa ou un recipiente que imos empregar para o forno e depositamos as patacas no fondo. Por riba, o bacallau coa pel cara abaixo.
  6. Metémolo no forno durante 30 minutos máis oumenos dependendo do grosor do bacallau.


XA ESTÁ!! LISTO PARA COMER!!!!

Mencía recórdanos que teñamos precaución e NON FAGAMOS COMA ELA, QUE CASE COME TODAS AS PATACAS ANTES DE TERMINAR!!!😂😂😂😂😂😂😋 

Era para probar, non sí Mencía????
Mencía tamén comparte con nós como redactou a súa receita empregando as novas tecnoloxías ela soíña. Así nos gusta, que aprendades de todo e vos superedes a vós mesmos!!!NORABOA POLO TEU TRABALLO MENCÍA!


Moitísimas gracias a Mencía e a súa familia por compartir con nós o seu tempo xuntos na cociña. GRACIAS POR REGALARNOS O TEU SORRISO!!😄

Aquí vos agardamos por si queredes mandarnos máis momentos saudables!

lunes, 30 de marzo de 2020

FLANÍN CON FROITAS #EUQUEDONACASA

Xa estamos a Luns, comeza unha nova semana e temos que enchela de recordos e momentos, porque cóntovos un segredo? Estes días xa non van volver...así que fai que OS DÍAS CONTEN!!Queda UN DÍA MENOS PARA VERNOS!!!

E para encher a vida de momentos, CRIS, unha das maiores do noso cole (6º) mándanos a súa receita #EUQUEDONACASA: Flanín con Froitas.


FLANÍN CON FROITAS

INGREDIENTES:


  • 1 litro de leite.
  • Algunha froita (Cris empregou kiwi e plátano)
  • caramelo líquido 
  • 2 sobres de flanín



PASOS PARA A SÚA ELABORACIÓN:
  1. Poñer a ferver o leite.
  2. Bater nun bol diferente o flanín cun pouco de leite.
  3. Cando o leite comece a ferver, mesturar o flanín e deixar ferver de novo.
  4. No molde ou forma onde o imos poñer, botar un pouco de caramelo líquido (tamén se pode facer con auga e azucre, se non tes caramelo líquido)
  5. Verter a mestura no molde ou forma.
  6. Deixar enfriar e engadir a froita ao gusto.



A COMER!!!!!



GUAUUUUU CRIS!!Ten unha pintaza!! Mellor sabería (como dicía miña avoa)

Moitísimas gracias á nosa alumna Cris pola súa aportación para poder entreternos e comer rico durante este "encerro". De seguro, que disfrutaches compartindo tempo cos teus Cris. 👪

A que estades esperando? Correndo á cociña a porse en marcha!!!

P.D. LAVADE AS MANS!!!!👐

Esperamos as vosas receitas #EUQUEDONACASA e as vosas fotos!!!!!📷

domingo, 29 de marzo de 2020

MINI BISCOITOS #EUQUEDONACASA

Outro día menos para volver á normalidade! Xa queda pouco!!!👏👏FORTES E ANIMADOS POR FAVOR!

Hoxe, recibimos a receita de Silvia, a nosa Orientadora, e a súa filla Antía, que está encantada con poñerse máns á masa na cociña. 
Mirade que foto máis simpática nos envían! Na cociña tamén se pode un divertir! Unha imaxe vale máis que mil palabras!!
INGREDIENTES:
  • 3 ovos
  • 1 iogur de limón ou natural
  • aceite de oliva (1 medida do vasiño de iogur)
  • azucre (2 medidas do vasiño de iogur)
  • fariña (3 medidas do vasiño de iogur)
  • 1 sobre de levadura
  • 1 limón
  • fariña e manteiga para untar o molde

Non o estamos recordando moito para non saturar e porque sabemos que o estades facendo pero... 
NON ESQUEZADES LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARAR ALIMENTOS!!👐👐

PASOS PARA ELABORACIÓN:
  1. Cascar os ovos, colocalos nun bowl grande co azucre e bater cunha varilla manual (culler de madeira ou espátula)
  2. Engadir o iogur e o aceite e seguir batendo.
  3. Lavar limón e cun raiador, raiar a casca por enriba da mestura (é importante raiar so a parte amarela do limón)
  4. Tamizar coa axuda dun coador a fariña e a levadura sobre a masa e mesturar ben.
  5. Untar o molde, que pode ser de formas, cun pouco de manteiga, espolvorear con fariña e verter dentro a masa.
  6. Meter ao forno (prequentado a 180 º) durante aproximadamente 40 minutos.
  7. Apagar o forno, retirar os biscoitos e deixar que estén mornos.
  8. Unha vez desmoldado, adórnalo usando a imaxinación.


UMMMMMMMMM... Estame apetecendo facelos xa!!😋
Que pintaza!!

Moitísimas grazas chicas, Silvia e Antía esperamos máis receitas vosas. Seguide pasándoo así de ben! Non olvidedes SORRIR TODOS E TODAS!! Isto pasará!
BO PROVEITO







viernes, 27 de marzo de 2020

FLAN CASEIRO #EUQUEDONACASA

Un día máis....e UN DÍA MENOS!!!😉 Veña... A manterse fortes e animados!!!
Mentres tanto,  seguénnos a chegar receitas da casiña 🏡. 

Desta volta, a nosa mestra Maite, envíanos a receita para facer un rico flan caseiro #EUQUEDONACASA, feito con moito agarimo e con ovos e leite caseiro. 


FLAN CASEIRO 
INGREDIENTES:
  • 1 litro de leite caseiro (das vaquiñas duns amigos de Maite)
  • 8 ovos caseiros (das galiñas campeiras da profe)
  • 200 gr. azucre
  • 1 vaíña de vainilla e limón raiado (opcional)
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Batemos os ovos e máis o azucre.
  2. Quentamos o leite sen deixar que ferva (engadir vaíña de vainilla ou canela ao gusto, se queremos).
  3. Mesturamos a mezcla do principio co leite (engadir ao final o limón raiado, se queremos).
  4. Para facer o caramelo, botamos nun cazo unha culler de auga con 150 gr. azucre.
  5. Poñemos ao lume e deixamos que se dore (COIDADO!😲que non se vos queime)
  6. Vertemos o caramelo e a mestura nunha flaneira e metemos ao forno prequentado a 180 º durante aproximadamente 50 minutos. A flaneira ou recipiente ten que estar sumerxido en dous dediños de auga (ben na propia bandexa do forno ou nun recipiente máis grande)
  7. Desmoldar.


Finalmente, xa podedes gozar co seu sabor nunha sobremesa coa familia, rindo e contando como vos foi o día.

A continuación deixámosvos unhas imaxes das vacas dos amigos de Maite e as súas galiñas (mirade que ben campan ao aire libre, xa queda pouquiño para que nós tamén o fagamos, ÁNIMO!!!!)













Moitas GRAZAS MESTRA MAITE, por compartir un anaco da túa cociña con nós nestes ratiños de #EUQUEDONACASA




Animádevos a enviarnos as vosas propostas de cociña!!Aquí as estaremos agardando!!!

martes, 24 de marzo de 2020

PANCAKES SAUDABLES #EUQUEDONACASA

Un día máis pero sobre todo....UN DÍA MENOS para que remate todo isto!!! 
Axudar e divertirvos na cociña coas vosas familias é unha boa estratexia para pasar o tempo mentres esperamos que este virus nos abandone e poidamos volver a recuperar as nosas vidas e valorar o que realmente importa!!

Veña, que comezamos a animarnos!!Así me gusta! Fagamos doce este encerro!

O primeiro en enviarnos a súa receita #EUQUEDONACASA é o profe Xabi, que moi amablemente comparte con nós esta sobremesa tan apetecible á par que saudable.

PANCAKES PROTEICOS SAUDABLES

INGREDIENTES:
  • 50 gr. de avena.
  • 100 ml. de claras de ovo (pódense empregar 2 ovos ou 3 e retirarlle as claras)
  • unha culler de canela
  • un plátano.
  • unha culler de levadura 
  • leite
  • cacao en pó.
  • stevia
  • coco raiado
PASOS PARA ELABORALO:
  1. Botar nun bowl a avena, as claras de ovo/ovos, a canela, o plátano en anacos e a levadura.
  2. Bater toda a mestura ben ata  que quede o máis líquido posible.
  3. Preparar unha tixola cunha gotiña de aceite e pór a potencia máxima.
  4. Cando se quente o aceite, baixar a potencia.
  5. Verter na tixola unha cantidade da masa que temos reservada e ir facendo as filloas /pancakes de unha en unha.
  6. Volta e volta e ir retirando para un prato.
Para facer o chocolate precisamos medio vaso de leite moi quente e mesturámolo con 3-4 culleres de cacao engadindo ademais dúas culleriñas de stevia. Removemos e vertémolo enriba das filloas/pancakes.

Para rematar, podes decorar a túa sobremesa, almorzo ou merenda cun pouquiño de coco raiado por riba.

Et voilà!! LISTO... A COMERRRR!!!

MOITAS GRAZAS PROFE XABI POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS MOMENTOS DE COCIÑA EN TEMPOS DE #EUQUEDONACASA!!!



viernes, 20 de marzo de 2020

RETO "LIBRO DE RECEITAS #EUQUEDONACASA"

O noso blogue do proxecto Aliméntate Ben Baliño atópase coma todos en STAND BY nestes intres en que todos e todas estamos unidos durante o  encerro para previr e vencer ao coronavirus.

Pero pensamos que lle podemos seguir sacando partido a esta situación e non parar de todo. Iso sí, tedes que participar dende as vosas casiñas, lembrade: NON SAIADES!✋

A idea é seguir a traballar a alimentación saudable (xa sei, que nestes momentos pode parecer difícil, xa que temos opcións ás veces limitadas de elección de ingredientes...Pero é POSIBLE). Comprobaredes como non unha boa alimentación non ten porque ser máis caro nin requerir de moito máis tempo (aínda que agora mesmo, tempo pódenos sobrar).

Propoñémosvos que entre tod@s, dende os máis pequechos de Infantil ata os maiores de 6º xunto coas vosas familias, elaborades nalgún destes días unha receita sá, saudable, creativa, innovadora, nutritiva... e que compartades para, unha vez pasado todo isto, elaborar un libriño que quedará para sempre no recordo, neste blogue e por suposto, a vosa disposición na nosa marabillosa biblio do cole.

QUE TEMOS QUE FACER ENTÓN?👀👀👀👀

Máis abaixo engado un modelo de receita que deberedes cumprimentar (EN GALEGO, prégovolo, porfa, please!!!) nas vosas casas nun folio en branco (pode ser a man ou en ordenador); iso sí, con tódolos apartados: Nome da familia e membros que participaron, nome da vosa receita (podedes inventar un creativo), ingredientes e pasos para elaboración. A receita dos pequenos podedes escribila calquera membro da familia e deixarlles facer o que poidan e os que xa sabedes escribir, nin que dicir ten que a tedes que escribir vós.

E o máis importante, engadir unha foto ou un debuxo, colagge con recortes dos envases ingredientes ou o que se vos ocorra dun momento de elaboración da receita ou do resultado final na que saiades todos os participantes.

Podedes facer tantas receitas como vos apeteza. Non hai límite!!
Non teñen que ser extremadamente elaboradas, calquera cousiña sinxela que se vos ocorra, será válida! 
Solo pretendemos que gocedes da cociña e de compartir anaquiños de tempo xuntos.

APROVEITADE E EXPRIMIDE OS MOMENTOS EN FAMILIA QUE NOS ESTÁ BRINDANDO ESTA SITUACIÓN!!!👪💗💙💚💜



PINCHA NA IMAXE DA PLANTILLA SE QUERES DESCARGALA


LAVADO DE MANS #EUQUEDONACASA

A hixiene é un aspecto que non debemos descoidar nunca pero neste momento todavía menos.

O método que temos máis ao noso alcance para previr o contaxio do coronovirus e contribuir a frear a súa expansión (ademais de cumprir co movemento #EUQUEDONACASA) é o LAVADO DE MANS.

Dende este espazo queremos insistir na importancia de realizar un bo e axeitado lavado de mans que permitirá manter os xermenes lonxe e a diferentes axentes portadores de enfermidades coma o virus co que nos estamos atopando. VENCERÉMOLO PERO CUMPRE COA TÚA PARTE!

Recorda 👍que debemos lavar as mans a miúdo pero especialmente:
  • Antes de comer.
  • Despois de ir ao baño.
  • Antes, durante e despois de participar no preparado da comida.
  • Despois de soar o nariz, esbirrar ou tusir.
  • Despois de tocar animais.
  • Ao volver da rúa, escola, traballo...
Pasos para lavar 💦correctamente as mans:
  • Empregar suficiente xabón.
  • Frotar as mans entre sí, os dorsos e entre os dedos.
  • Frotar o "matapiollos" dunha man coa palma da outra facendo xiros e viceversa.
  • Frotar a punta dos dedos dunha man contra a palma da outra.
  • Lava tamén os teus pulsos con movementos rotatorios.
  • Enxauga ben e seca!

ESTA ACCIÓN DEBE DURAR ENTRE 35 E 40 SEGUNDOS, O QUE TARDAS EN CANTAR UNHA OU DÚAS VECES A CANCIÓN DE CUMPREANOS FELIZ.


A continuación déixovos tamén un video para ver coas vosas familias no que nos informan dun xeito claro o que é o virus do CORONAVIRUS!


jueves, 5 de marzo de 2020

CHARLA ALIMENTACIÓN

O luns 2 de marzo, recibimos no cole a unha experta nutricionista que nos descubriu un montón de cousas descoñecidas dos alimento. 
  • Ensinounos a evolución da coñecida pirámide da alimentación saudable, ata incluso coñecemos unha pirámide invertida.
  • Explicounos cantas veces e que cantidade de ración deberiamos consumir de cada grupo de alimentos a través do método do man.
  • Recalcou a extrema importancia do axeitado lavado de mans e deixounos un folleto explicativo para recordalo sempre.
  • Expúxonos os diferentes grupos de alimentos que debe conter a nosa dieta e as infinitas posibilidades que existían, sobre todo no grupo das froitas. Neste punto, sinalar que quedou moi satisfeita polos nosos coñecementos deste grupo (coñeciamos ata os máis pouco habituais e estraños como a froita do dragón)
  • Plantexou a importancia de todas as comidas do día, non estrictamente do almorzo.
  • Coñecemos o nutriprato para comer saudable organización das cantidades dos alimentos no noso prato por códigos de colores.
  • Explicounos que cousas debemos ter en conta e consultar nas etiquetas dos alimentos.
Fixemos unha morea de preguntas, ás que a nutricionista nos contestou con toda a paciencia do mundo. 
Aprendemos vendo, escoitando e participando activamente na charla sobre alimentación.
Grazas pola visita e por compartir con nós este tema tan interesante!

Compartimos con todos e todas a imaxe do método da man (para controlar as racións recomendadas dos alimentos)



martes, 3 de marzo de 2020

BATIDO DE FRESA E PLÁTANO

O pasado venres os rapaces e rapazas de Infantil e 1º e 2º elaboraron un delicioso batido de fresas🍓 e plátano 🍌 para a súa merenda de recreo.

Primeiro falaron e investigaron sobre os ingredientes, utensilios e pasos para a súa elaboración nun traballo grupal no que tiveron que cubrir unhas plantillas (no caso de Infantil) e redactar unha receita (texto instructivo, no caso de Primaria). Desta maneira, facemos un traballo interdisciplinar: lectoescritura, grafomotricidade, aprender a aprender, habilidades matemáticas (no cálculo das cantidades para un número máis elevado de comensales...

Coma bos cociñeiros e cociñeiras, realizaron a súa proposta alimentaria no entorno do comedor. Fixeron dous grandes grupos, modelados e dirixidos polas súas mestras Ana e Maite.

Alí puxéronxe mans á obra, despois de telas lavado moi ben para manipular con hixiene correcta os alimentos. Recordade SEMPRE LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARACIÓN DE ALIMENTOS.

Pasaron un rato educativo, divertido e moi saudable. Aprenderon que os tentempés poden ser con froita en diferentes versións, coma esta co batido e que non requiren de moito tempo de elaboración, polo que fóra a excusa da economía temporal. O tempo é ouro se o aproveitas!!




DEIXÁMOSVOS OS PASOS SINXELOS PARA FACELO PREPARADOS POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ANIMÁDEVOS A COMER SAUDABLE!!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA