A hixiene é un aspecto que non debemos descoidar nunca pero neste momento todavía menos.
O método que temos máis ao noso alcance para previr o contaxio do coronovirus e contribuir a frear a súa expansión (ademais de cumprir co movemento #EUQUEDONACASA) é o LAVADO DE MANS.
Dende este espazo queremos insistir na importancia de realizar un bo e axeitado lavado de mans que permitirá manter os xermenes lonxe e a diferentes axentes portadores de enfermidades coma o virus co que nos estamos atopando. VENCERÉMOLO PERO CUMPRE COA TÚA PARTE!
Recorda 👍que debemos lavar as mans a miúdo pero especialmente:
- Antes de comer.
- Despois de ir ao baño.
- Antes, durante e despois de participar no preparado da comida.
- Despois de soar o nariz, esbirrar ou tusir.
- Despois de tocar animais.
- Ao volver da rúa, escola, traballo...
Pasos para lavar 💦correctamente as mans:
- Empregar suficiente xabón.
- Frotar as mans entre sí, os dorsos e entre os dedos.
- Frotar o "matapiollos" dunha man coa palma da outra facendo xiros e viceversa.
- Frotar a punta dos dedos dunha man contra a palma da outra.
- Lava tamén os teus pulsos con movementos rotatorios.
- Enxauga ben e seca!
ESTA ACCIÓN DEBE DURAR ENTRE 35 E 40 SEGUNDOS, O QUE TARDAS EN CANTAR UNHA OU DÚAS VECES A CANCIÓN DE CUMPREANOS FELIZ.
A continuación déixovos tamén un video para ver coas vosas familias no que nos informan dun xeito claro o que é o virus do CORONAVIRUS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario