viernes, 20 de marzo de 2020

RETO "LIBRO DE RECEITAS #EUQUEDONACASA"

O noso blogue do proxecto Aliméntate Ben Baliño atópase coma todos en STAND BY nestes intres en que todos e todas estamos unidos durante o  encerro para previr e vencer ao coronavirus.

Pero pensamos que lle podemos seguir sacando partido a esta situación e non parar de todo. Iso sí, tedes que participar dende as vosas casiñas, lembrade: NON SAIADES!✋

A idea é seguir a traballar a alimentación saudable (xa sei, que nestes momentos pode parecer difícil, xa que temos opcións ás veces limitadas de elección de ingredientes...Pero é POSIBLE). Comprobaredes como non unha boa alimentación non ten porque ser máis caro nin requerir de moito máis tempo (aínda que agora mesmo, tempo pódenos sobrar).

Propoñémosvos que entre tod@s, dende os máis pequechos de Infantil ata os maiores de 6º xunto coas vosas familias, elaborades nalgún destes días unha receita sá, saudable, creativa, innovadora, nutritiva... e que compartades para, unha vez pasado todo isto, elaborar un libriño que quedará para sempre no recordo, neste blogue e por suposto, a vosa disposición na nosa marabillosa biblio do cole.

QUE TEMOS QUE FACER ENTÓN?👀👀👀👀

Máis abaixo engado un modelo de receita que deberedes cumprimentar (EN GALEGO, prégovolo, porfa, please!!!) nas vosas casas nun folio en branco (pode ser a man ou en ordenador); iso sí, con tódolos apartados: Nome da familia e membros que participaron, nome da vosa receita (podedes inventar un creativo), ingredientes e pasos para elaboración. A receita dos pequenos podedes escribila calquera membro da familia e deixarlles facer o que poidan e os que xa sabedes escribir, nin que dicir ten que a tedes que escribir vós.

E o máis importante, engadir unha foto ou un debuxo, colagge con recortes dos envases ingredientes ou o que se vos ocorra dun momento de elaboración da receita ou do resultado final na que saiades todos os participantes.

Podedes facer tantas receitas como vos apeteza. Non hai límite!!
Non teñen que ser extremadamente elaboradas, calquera cousiña sinxela que se vos ocorra, será válida! 
Solo pretendemos que gocedes da cociña e de compartir anaquiños de tempo xuntos.

APROVEITADE E EXPRIMIDE OS MOMENTOS EN FAMILIA QUE NOS ESTÁ BRINDANDO ESTA SITUACIÓN!!!👪💗💙💚💜



PINCHA NA IMAXE DA PLANTILLA SE QUERES DESCARGALA


1 comentario:

  1. Ola! MEUS PEQUECHOS!
    Eu vou poñer a miña máquina, afurruxada a funcionar 😜......
    Moito pemento....Erea.
    Moita zanahoria.....Thiago.
    Nada de nada.....Xena.
    De todo todo....Leia e Candela.
    Pouco a pouco imos compoñer a merenda.
    E se comenzamos con churros, donuts e chicolate?😄😄😄😄
    Pouco a pouco xa iremos vendo o que máis vos gusta!

    ResponderEliminar

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA