viernes, 17 de junio de 2022

BATIDO REFRESCANTE DE FROITA e ROBÓTICA

Para ir rematando este curso tan intenso e coas altas temperaturas que estamos tendo 😎😅, ocorréusenos preparar un delicioso batido saudable para refrescar os nosos últimos días de cole.

Así que... dito e feito! A rapazada de 1º e 2º de primaria, moi disposta por certo, foi quen se encargou de todo. Decidimos facer un batido cos seguintes ingredientes: 🍎🍌🍍

  • amorodos
  • plátanos
  • piña
  • iogur natural
  • leite

Nada de azucres engadidos!!!
O paso a paso? Moi sinxelo.
  1. Lavar amorodos e retirar as folliñas verdes.
  2. Pelar os plátanos.
  3. Trocear a piña.
  4. Verter todo no batedor, incluindo o leite e o iogur natural
  5. Bater ata desfacer todos os anaquiños de froita.
  6. Meter no frigorífico.
  7. Servir frío e disfrutar...!!😋😋🍹 












Pero a cousa amiguiños e amiguiñas, non quedou aí...Tiñamos aproveitar a actividade para facer algo máis. Entón pensamos que poderiamos empregar a robótica para traballar a nosa orientación espacial, a programación, dar indicacións e a lectura. O noso robot tivo que ir recompilando os ingredientes e os pasos da elaboración da receita! 
Aquí tendes fotiños do concentrados e concentradas que estabamos...





No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA