miércoles, 9 de noviembre de 2022

IOGUR NATURAL

A rapazada de 3º e 4º acompañados e supervisados pola súa titora Maite, elaboraron unha receita de Iogur Natural coma antaño se realizaban, dentro da área das Ciencias Naturais na que están a estudar os fermentos.

o iogur é un alimento que se elabora grazas a que hai bacterias que transforman o leite de animais como a vaca. 

Lavaron as mans, vestiron os seus mandís e mans a obra! Que apañados e apañadas! Seguiron as instruccións paso a paso, tal e como volas imos deixar nesta entrada para que o podades realizar nas vosas casiñas. Que hai máis natural que o feito por un mesmo?  E ademais moi san porque non lle engadimos conservantes, nin colorantes nin ningún químico. 

Deixámosvos o PASO A PASO e os INGREDIENTES, ademais das fotos que recollen o momento no que se converteron en "cocinitas". Un traballo en equipo do máis gratificante á par que saudable.

  • INGREDIENTES:
        -1 litro de leite (empregamos leite de vaca         caseiro)
        -1 iogur natural

  • COMOSE FAI:
    • Poñer o leite a quecer ata que ferva, con coidado de que non se bote por fóra do recipiente.
    • Deixar arrefriar e cando o leite estea temperado, botar unha cullerada de iogur e remexer ben.
    • Verter o líquido nun recipiente con tapa, cubrilo co pano de cociña para que non perda calor e deixalo ás escuras, protexido do frío.
    • ou verter en vasiños de cristal, tapar e deixar na iogurteira 12 horas ata o día seguinte.

Por suposto, demos boa conta del, xa que o "zampamos" cando estivo listo nun anaquiño de tempo de ocio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA