Boísimos días a todos e todas!! Isto segue marchando e a nosa cociña segue quentando motores!Así da gusto empezar un novo día no que vos recordo como o día anterior que... xa queda... UN DÍA MENOS!!👏👏🎊🎈
Hoxe recibimos a visita de dous irmáns, MANU (de 3º) e RUBÉN (de 6º), e a súa familia que nos traen a súa receita de LEITE ASADA #EUQUEDONACASA
LAVA AS MANS,
ANTES DE PORTE A ELO!
INGREDIENTES:
- Caramelo
- Raiadura de limón
- 8 ovos
- Azucre (6 culleriñas)
- 1 litro de leite
PASOS ELABORACIÓN:
- Faise un caramelo con azucre e ponse na base dun molde.
- Raiar un limón.
- Cáscanse oito ovos nun bol e bátense mesturando coa raiadura de limón.
- Botar o litro de leite e vólvese remexer.
- Engádese a mestura ao molde con caramelo.
- Métese no forno a media altura a 180º durante aprox. 30 minutos.
- Para saber cando está feito, probar cravando un coitelo e mirar si sae seco.
E agora deixámosvos un video no que os temos aos dous en pleno proceso de traballo e elaboración da súa receita:
Recomendación dos chefs Manu e Rubén: ESTÁ MÁIS RICO FRÍO!!!😋😋
Envíannos tamén a súa receita escrita en papel! Traballiño completo.
MOITÍSIMAS GRACIAS A MANUE E RUBÉN, e máis a súa familia, por compartir a súa coci-receita para todos os Baliños e Baliñas, e demais seguidores do noso blogue! Aquí estaremos esperando outra visita!!👋
Pois nada, xa temos outra receitiña caseira máis para pór en práctica nas nosas casiñas. E como sinalan no final da súa receita estes dous irmáns: Quédate na Casa!!🏠👪👨👧👲👴👵👳👶
No hay comentarios:
Publicar un comentario