jueves, 23 de abril de 2020

MANTECADOS #EUQUEDONACASA

Novo día, nova receita e por suposto...UN DÍA MENOS!!! ✨Seguimos ficando na casiña pero iso non vai impedir que nos sigamos vendo por estos lares!Graciñas por seguir confiándonos as vosas receitas e as vosas fotiños familiares! SODES XENIAIS🌈

Hoxe, temos unha nova visitante, VICKY de 3º de primaria, e a súa familia, propóñennos levar a cabo a súa receita de MANTECADOS DA  BISAVOA SILVIA #EUQUEDONACASA. Encántame ver que seguides mantendo as tradicións, nesta ocasión en forma de receita. Alá imos con ela!



INGREDIENTES:
  • 600 gr de fariña
  • 200 gr de azucre
  • 375 gr manteiga
  • 5 ovos
  • un pouquiño sal
  • 200 gr de améndoas moídas
  • 2 planchas de obleas
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Metemos a manteiga no microondas un par de minutos para licuala.
  2. Nun bol mesturamos ben a manteiga, o azucre e os ovos .us
  3. Engadimos a sal, as améndoas e a fariña pouco a pouco e seguimos mesturando. A masa ten que pegarse aos dedos.
  4. Cando a masa esté dura, dáselle forma ao gusto.
  5. Colocación no forno: primeiro ponse a plancha de oblea elogo a masa.
  6. Métese ao forno previamente prequentado e cando estén douradiñas...ESTÁN LISTAS!!
Pois nada, xa tendes traballiño na cociña. A ver se conseguides que vos queden como a Vicky que parece, polas fotos, que non deixou de sorrir!! Así me gusta! ACTITUDE!!!

Aquí vemos a Vicky coas mans na masa ante a mirada inocente dun intrusiño
Vicky mándanos tamén a receita escrita por ela mesma, traballando así ademais de habilidades da vida cotiá, autonomía, valores (familia, colaboración...)... habilidades de expresión escrita (neste caso elaboración dun texto instructivo). Gracias compi!






MOITÍSIMAS GRACIAS A VICKY E A SÚA FAMILIA por compartir a súa receita familiar que vén dende moito tempo atrás, e de seguro, que perdurará no tempo se a seguindes pondo en práctica,

Volta cando queiras compañeira!!! 
Aquí te estaremos agardando!!👋💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA