Bueno, bueno,bueno... SÁBADO NA CASA. Canto te botabamos de menos!!! Onde te meteras???😊 UN DÍA MENOS!!!!
Para rematar unha semana máis de encerro cociñeiro, recibimos no noso blogue a nosa cociñeira, a gran RAQUEL, que nos trae a receita de PAN CASEIRO #EUQUEDONACASA, para asegurarnos aínda máis que evitades saír da casiña na medida do posible, incluso para comprar o pan do día. Se o podemos facer na casiña, para que sair? FAINO POR TI, POLA TÚA FAMILIA E POLOS DEMAIS.
INGREDIENTES:
- Auga
- fariña
- sal
PASOS ELABORACIÓN:
- Pór fariña nunha tina ou artesa.
- Engadir auga morna con sal e un pouco de fermento.
- Amasar ata ter unha masa que non se pegue ós dedos pero tampouco mou dura.
- Deixar repousar tapada ata que doble o seu volume.
- Moldear as formas que queiramos: barra, bolo, bóla, chapata... Espolvorear fariña por riba, se lle queres dar un aspecto máis rústico.
- Meter ao forno (25/30 minutos). Cando esté tostadiño por baixo e o darlle palmadas soa oco, e non pesa...
- Deixar enfriar e....a PAPAR!
QUE SORTE DO TEU FORNO RAQUEL NESTES TEMPOS DE CUARENTENA!!!
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON TODOS NÓS A TÚA RECEITA DE PAN CASEIRO!!
Esquecichete da levadura, nos ingredientes😘😘😘😘😘😘😘
ResponderEliminar