domingo, 12 de abril de 2020

SALTEADO DE VERDURAS #EUQUEDONACASA

E VEÑA RECEITAS... Como me está agradando a vosa participación.... Ademais de IMPARABLES, sodes INCRIBLES!! E que continuemos enchendo este espazo das vosas receitas e fotiños!!

Hoxe achégase de novo a nosa mestra MAITE, que nos presenta a súa especialidade de SALTEADO DE VERDURAS #EUQUEDONACASA.

INGREDIENTES:
  • cenoria
  • cebola
  • cabaciña
  • berenxena
  • pemento verde e vermello da horta
  • cerrota común (cogumelos recollidos no campo)
  • feixóns 
  • allo
  • aceite de oliva
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Picamos os pementos, a cebola, allo, cabaciña, berenxena, cenoria e feixóns.
  2. Botamos nunha tixola ou nunha cazola aceite de oliva.
  3. Cando esté quente, poñemos o pemento, a cebola e o allo a sofreir un pouco. 
  4. Engadimos o resto de verduras e imos dando voltas de vez en cando ata que as verduras se pochen
  5. Listas para comer!!!!





Un delicioso e sinxelo prato de verduriñas que tan ben lle fan ao noso corpo. Unha comida colorida que xa entra ben polos olliños 😋e nutritiva con un montón de ingredientes saudables.

MOITAS GRACIAS MAITE!!! Aquí te seguimos esperando co blogue aberto para cando queiras entrar😜💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA