miércoles, 29 de abril de 2020

GALLETAS DE MANTEIGA #EUQUEDONACASA

Xa estamos na metade doutra semaniña máis! O tempo non para!⌛⏰Menos mal, porque iso permítenos dicir de novo que xa queda...UN DÍA MENOS!!! Que ben, xa en pouquiño estaremos de novos xuntiños (gardando as distancias, 😂)

Hoxe visítanos a profe do chandal, do movemento, da Educación Física (que NON ximnasia), a profe das palmadas e truquis para nos silenciar e prestar atención, a nosa mestra LAURA (Lau para min) e tráenos unhas deliciosas GALLETAS #EUQUEDONACASA.🍪🍪🍪


Seguide as súas instruccións e a por elas!


INGREDIENTES (30 unidades):

  • 250 gr de fariña
  • 100 gr de azucre 
  • 100 gr de manteiga 
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de fermento en pó.
PASOS ELABORACIÓN:

  1. Prequentar o forno a 180 º. Forrar unha bandexa con papel de forno e reservar.
  2. Mesturar nun bowl a fariña, o azucre, a manteiga, o ovo e o fermento ata ter unha masa.
  3. Verter nun prato azucre. Coller unha culler, facer unha bóla coa masa e pasala polo azucre e aplastar, poñer na bandexa do forno.
  4. Repetir a acción ata rematar a masa.
  5. Cando rematemos, meter ao forno durante 20 minutos aproximadamente. (recordade que depende do forno)
  6. Deixar enfriar.
Xa temos preparadas unhas deliciosas galletas para acompañar as nosas merendas e/ou os nosos almorzos. Podedes completar o voso almorzo cunha froita (laranxa, plátano, arándanos, framboesas, amorodos...) para facelo moito máis saudable.

Animádevos e mandádenos as vosas fotiños!!

MOITÍSIMAS GRACIAS LAU, por compartir con nós a túa receita! Volve cando queiras!!👋👋

BICOS VIRTUAIS💋

P.D. Pasádevos polo blogue da biblio que segue a haber contos e novidades!!! https://ceipmontebalinho.blogspot.com/



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA