viernes, 10 de abril de 2020

OVOS DE PASCUA #EUQUEDONACASA

Boas...aquí estamos un día máis e por suposto...UN DÍA MENOS XA!!!👏👏

Hoxe temos unha receita que nos ven que nin pintada dado que estamos na época: OVOS DE PASCUA #EUQUEDONACASA, receitiña que nos envían SILVIA (a nosa orientadora) e Antía, a súa filla, que prometeron volverse pasar por aquí e cumpriron a súa promesa. Gracias chicas por visitarnos de novo así de sorpresa!!É moi agradable recibirvos.💁

INGREDIENTES:
  • cacao en po.
  • chocolate para sobremesas (80 gr/ovo, aproximadamente)
  • 1 limón.
Ben pouquiñas cousas precisamos, non sí??




PASOS ELABORACIÓN:
  1. Cortar o chocolate en trozos pequenos para que sexa máis fácil disolvelo. Isto pódese facer no microondas ou ao baño maría.
  2. Lavar e cortar o limón pola metade (mellor en horizontal).
  3. Unha vez feito esto hai que lle sacar a pulpa cunha culler. Tamén lle hai que sacar a membrana que separa os cuarteiróns do limón. Deixar a casca moi limpa.
  4. Logo, hai que espolvorear por dentro con cacao en po.  Isto vai facer que non se pegue o chocolate á monda. Agora, hai que por o chocolate, previamente derretido, e con coidado, ir xirando o limón para que o chocolate chegue a toda a superficie ata que quede cuberta. Meter no frigorífico para que endureza o chocolate (20-30 min.)





O DESMOLDE:

Unha vez endurecido, con coidado, débese separar cunha culler ou a punta dun coitelo. Hai que facelo con moito coidado para que non se rompa.

Cando as dúas metades estean listas, limar os bordes cun coitelo para que queden lisos. Dentro pódese meter o que queirades, unha mensaxe, unha sorpresa,…

Únense as 2 metades e vanse pegando cun pouco de chocolate.
O ovo quedará co cacao en po que se colocou ao principio na casca do limón, se non che gusta pódelo sacar cun pincel de silicona ou similar.



Listos para decorar e desfrutar!!!!
Buff... pintaza que ten este doce! Animaivos a facelo estes días e se queredes mandade fotiños dos vosos resultados!!
Moitisímas gracias de novo a SILVIA e ANTÍA, esperámosvos de novo cando gustedes !!!Biquiños
P.D. Non esquezades visitar o blogue da biblioteca! Hai novidades a miúdo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA