Hoxe fai a súa entrada triunfal no noso blogue a pequena CELIA, de infantil, e a súa familia que nos envían unha receita de PIZZA INFANTIL CASEIRA #EUQUEDONACASA
INGREDIENTES:
- masa caseira pizza
- Cebola
- chourizo
- queixo
- xamón
PASOS ELABORACIÓN:
- Elaborar a masa con auga, fariña e sal.
- Unha vez preparada, estirala ben para que sirva de base para a nosa pizza infantil.
- Engadir ingredientes ao gusto. Eles elixiron cebola, queixo, xamón e chourizo.
- Meter ao forno prequentado a 180º
- E a comer!!!!
Non cabe dúbida de que as pizzas están sendo grandes protagonistas nas nosas horas de confinamento. A mellor satisfacción disto é que estamos a pasar uns ratiños colaborando en familia que nunca olvidaremos e que serán os mellores recordos que levemos desta anécdota da vida.
MOITÍSIMAS GRACIAS A CELIA e a súa familia, por pasarse polo noso blogue para compartir o seu tempiño e a súa vida cociñeira!!
Esperámosvos cando vos apeteza regresar!! un saudiño👋
P.D. Coma tódolos días, NON esquezades pasarvos polo blogue da biblioteca. Temos novidades!!!🔍🔍
https://ceipmontebalinho.blogspot.com/
https://ceipmontebalinho.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario