Bos días!! De novo aquí estamos celebrando xuntos que xa nos queda UN DÍA MENOS!!! E seguimos por aquí, espertándovos tódolos días con receitas e diferentes ideas para preparar en familia.
Volvo a agradecer a participación, porque me encanta a vosa receptividade, a vosa enerxía e ver as vosas cariñas de felicidade nas fotos que enviades. NUNCA DEIXEDES DE SORRIR!!😊
Onte tiñamos a Adri e hoxe é súa irmá, DANIELA, que seica estivo acompañada do pequeno da familia, Samu que nos prepararon unha deliciosa PIZZA CASEIRA #EUQUEDONACASA
Hoxe como é sábado, podemos permitirnos caer na tentación de elaborala!!!
INGREDIENTES:
- Masa fresca
- tomate
- york
- queixo
- salchichas
- mozarella
PASOS ELABORACIÓN:
- Estirar ben a masa (lembrade que a podedes facer caseira con fariña, sal e auga), dando a forma que nos guste: redonda, rectagular...
- Estender tomate por riba coa axuda dunha culler.
- Engadir rebandas de york, queixo, anacos de salchicha...
- Rematar espolvoreando mozzarela ao gusto
- Ao forno prequentado a 180º.
- Retirar cando esté feita tras pasar 15 minutos máis ou menos.
Detrás desta fotiño atópase o pequeno Samu, que axudou a DANI!!
Daniela, ten unha pintaza a túa pizza!!!😋
E rematado!! Cociña sinxela para todos e todas!!Éxito pizzeiro nestes días!
MOITÍSIMAS GRACIAS A DANI, Samu (seu irmán pequeno) e a súa familia por compartir con nós os seus ratiños na cociña xuntos. Da gusto vervos gozar das cousas máis sinxelas e dos momentos cotiás en familia.
Recordade que vos estamos esperando na nosa cociña cando vos praza!!!
APERTIÑAS E BICOS VIRTUAIS!!👯
No hay comentarios:
Publicar un comentario