Boas compis e compas do noso blogue de Alimenta-T Baliño, recordarvos que xa queda....UN DÍA MENOS!!!!
Isto está chupado! Estamos orgullosos e orgullosas de como o estando facendo, bravo polos nosos superheroes e superheroinas!!!👏👏👏
Hoxe a nosa pequena de Infantil, LEIA E MÁIS A SÚA FAMILIA mándannos unha receita multicolor para alegrar calquera comida: ARCO DA VELLA DE FROITA #EUQUEDONACASA
INGREDIENTES:
- un bo puñado de amorodos
- un plátano
- unha mazá
- unha mandarina
PASOS ELABORACIÓN:
- O primeiriño de todo é LAVAR MOI BEN AS MANS, os amorodos e a mazá; sacarlle a casca o plátano e a mandarina.
- Colocamos cada froita nun recipiente distinto e, coa axuda dun adulto, picamos o plátano, a mazá e os amorodos en anacos tan grandes ou pequenos, como mellor nos pareza.
- Escollemos un prato chan para que nos sexa máis sinxelo crear o noso "ARCO DA VELLA" e comezamos a colocar a froita. Leia fíxoo na seguinte orde: amorodos, mandarina e finalmente, mazá para crear os arcos.
- Unha vez que temos os arcos, colocamos os anacos de plátano en cada punta, como se fosen nubes de algodón.
BO TRABALLO LEIA;cóntannos que en canto rematou púxose a merendar porque lle encanta a froita 😋😋e por suposto, non se esqueceu do seu irmán Jairo, e invitouno á paparota!!
Pois xa o vedes, con unhas pezas de froita e moita moita imaxinación e creatividade, aquí temos unha receita sinxela para pasar un ratiño entretido coas nosas familias durante estes tempos de confinamento.
Non olvidemos que con estas actividades, ademais de reforzar e traballar motricidade fina, habilidades para a vida cotiá (manexo do coitelo), hábitos de saúde e alimentación, fomentar a creatividade, atención...tamén fomentamos valores como a colaboración, o respeto, a familia, o traballo en equipo...
MOITÍSIMAS GRACIAS A LEIA E A SÚA FAMILIA, por compartir con nós o seu ARCO DA VELLA DE FROITA buscando encher de cor estes distintos momentos da nosa vida.
Non vos olvidedes que sorrir😀 é a mellor menciña para os momentos complicados. SOMOS IMPARABLES E COMO DI LEIA E A SÚA FAMILIA: TODO VAI SAIR BEN!!!!
Miña purrusalda! Ti más que facer papas😄😄😍😍😍😘😘😘
ResponderEliminar