jueves, 2 de abril de 2020

DONUTS DE CORES #EUQUEDONACASA

Bos días alumnado, familia e demais visitantes do Blogue do ALIMENTATEBALIÑO!!! De verdade que xa é xoves??? Temos o fin de semana aí pretiño para divertirnos!!!E por certo... unha semaniña que remata de novo e UN DÍA MENOS no noso almanaque particular para vernos!!

Para seguir inaugurando o mes de abril, JIMENA de 1º e a súa familia, envíannos unha receita moi alegre, doce e creativa: DONUTS DE CORES #EUQUEDONACASA

COBERTURAS DE CORES PARA DONUTS

INGREDIENTES:
  • Abelás
  • chocolate negro para fundir
  • nata líquida
  • unha clara de ovo
  • 225 gr. de azucre glas
  • 1 limón
  • colorante alimentario amarelo
  • colorante alimentario branco
  • colorante alimentario rosa
  • toppings de cores.
  • toppings de chocolate
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Para conseguir o topping de froitos secos, aplasta unhas abelás no morteiro. Para cubrir de chocolate, hai que fundilo nun cazo sen parar de remover.
  2. Inmediatamente antes de enfriarse e que se poña duro, extendelo sobre o donut e engadir o topping de abelás.
  3. Para as coberturas de cores, tes que facer un glaseado e dividilo en tres, un por cada cor: amarelo, blnco e rosa. Para o glaseadom bate unha clara de ovo xunto a 225 g de azucre glas e tres partes de gotas de zumo de limón.
  4. Facer tres partes e engadir unhas gotas do colorante correspondente a cada unha. Remover outra vez.
  5. Estender por riba as coberturas de cor e engadir chocolate. Deixar os donuts un par de horas no frigorífico antes de comelos.








Como podedes ver, o noso alumnado non só traballa na cociña, senón que traballan a expresión escrita e a elaboración de textos (neste caso instructivo) nas súas libretas. NORABOA  JIMENA!! Fíxeches un traballo moi completo.

Coma sempre...MOITISIMAS GRACIAS A JIMENA e a súa familia, que comparte con nós unha receita de decoración moi orixinal!! Así aínda apetece comer máis os teus donuts!!

1 comentario:

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA