Os martes, prepárate e dálle!!SIIIII, dálle a túa cociña, dálle a túa creatividade, dálle as novas receitas...! Veñaaaaaa compañeiros e compañeiras que xa queda UN DÍA MENOS!!!👏👏👏 Isto está feito!!Sobra dicir que o estades facendo fenomenal!
Hoxe temos visita polo blogue, o noso profe e dire JOSE (Josito para os que o queremos), traenos a súa receita de TIRAMISÚ #EUQUEDONACASA. Trátase dun postre frío de culler, orixinario de Italia alá polos anos 50.
- 400 gr de biscoitos soletilla, por exemplo.
- 250 g de queixo mascarpone
- 100 gr de azucre
- 3 ovos
- 2 vasos de café
- cacao en pó
PASOS ELABORACIÓN:
- Separar as claras das xemas dos ovoso.
- Bater as claras con 50 gr de azucre e despois mesturar co queixo.
- Mesturar os dous produtos anteriores con coidado para que non baixe a mestura (crema)
- Bañar os biscoitos en café, facer unha capa con eles e botar a crema anterior por riba.
- Repetir o paso anterior unhas cantas veces (na última capa deixar a crema por riba)
- Deixar no frigorífico toda a noite
- Antes de servir espolvorear o cacao ao gusto.
E FIN! Xa temos o noso tiramisú caseiro preparado para invitar a toda a familia!
O tiramisú ten moitas variantes para facelo, JOSE hoxe preséntanos a súa. MOITÍSIMAS GRACIAS JOSITO por compartir a túa receita con nós. Deica pronto!
Apertas virtuais!
P.D. NON ESQUEZADES, visitar o blogue da biblio, segue a haber un montón de contos contados por tod@s para celebrar o DÍA DO LIBRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario