Un novo luns, unha nova semana, unha nova cociñeira, unha nova receita... e por supostos...UN DÍA MENOS para tan ansiadas apertas e bicos dos que nos vamos encher cada remate este confinamento.👫
ANA de 1º e a súa familia, son os protagonistas da entrada do noso blogue de hoxe, que nos propoñen realizar a súa TARTA DE NOCES #EUQUEDONACASA
- 6 ovos
- fariña (medida de 6 vasos de iogur)
- azucre (medida de 3 vasos de iogur)
- aceite (medida dun vaso de iogur)
- 2 sobres de Royal
- noces
- 2 iogures de limón
PASOS ELABORACIÓN:
- Batemos os ovos e o azucre
- Engadimos os iogures de limón e o aceite.
- Engadimos a fariña e o royal.
- Cascamos as noces e picámolas en anaquiños pequenos.
- Botamos todo no bowl e mesturamos
- "Enmanteigamos" o recipiente que imos meter coa mestura ao forno.
- Vertemos a mestura nel.
- Meter ao forno.
E xa temos preparada a nosa tartiña!! LISTA para comer!!😋
MOITÍSIMAS GRACIÑAS A ANITA e a súa familia por compartir as súas receitas e os seus momentiños familiares ao carón da cociña con todos e todas nós!
Esperámoste de novo cando che apeteza!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario