domingo, 26 de abril de 2020

CESTOS DE MAZÁ #EUQUEDONACASA

Aínda que é domingo, dicirvos que non me esquezo de lembrarvos que xa queda UN DÍA MENOS!!! 🌈🌈Que sodes uns SUPERHEROES E SUPERHEROINAS. 😃

E como se está convertindo en costume, os fines de semana, temos a unha mestra moi activa na súa cociña que esta vez nos envía unha receita de repostería moi orixinal.

A profe MAITE, ensínanos a preparar CESTOS DE MAZÁ #EUQUEDONACASA.

INGREDIENTES:
  • Manzanas Golden

  • Azucre moreno ou panela
  • Manteiga
  • Hojaldre conxelado.

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Previamente, desconxelar unha lámina de hoxaldre a temperatura ambiente (30 minutos)
  2. Lavar e pelar as mazás.
  3. Cocelas en láminas cunha culleriña de azucre e unha culleriña de manteiga.
  4. Unha vez cocida, queda como unha compota, trituralo coa batidora
  5. Deixar enfriar.
  6. Cortar a masa en tiras e facemos cadradiños.
  7. Botamos un pouco de compota nos cadrados.
  8. Unimos as puntas e retorcemos as catro puntas xuntas, dando a forma de cesto.
  9. Cubrimos a fonte do forno con papel de cociña e por riba esporeamos fariña.
  10. Metemos no forno, prequentado a 200º e durante media hora de cocción. (controlar porque depende do forno)
LISTAS PARA PAPAR! Non digades que isto non é ARTE NA COCIÑA!! 








MOITAS GRAZAS MAITE por compartir de novo as túas recetiñas!! Agardámoste cando queiras!!!

Bicos virtuais!💋



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA