E como o martes xa nos ven chamando a porta... o abrirlle, atopámonos con que xa queda UN DÍA MENOS e ademais cunha nova receita.
Hoxe, os nosos compis RAÚL e MARTA, de 4º e 5º curso, xunto coa súa familia, ensínannos as súas dotes na cociña da casiña🏠. Vannos amosar como facer unhas PIZZAS CASEIRAS #EUQUEDONACASA, con diferentes ingredientes.
INGREDIENTES:
- masa caseira para pizza
- fiame: york
- mozzarela, queixo
- tomate
- chocolate
- plátano
PASOS ELABORACIÓN:
PIZZA YORK E MOZARELLA:
- Estender tomate sobre a masa
- Engadir york por riba
- Botar mozzarela
- Espolvorear con orégano
PIZZA CHOCOLATE E PLÁTANO:
- Botar chocolate sobre a masa.
- Engadir queixo.
- Finalmente, engadir plátano en rodas.
A continuación deixámosvos un vídeo da elaboración protagonizada polos propios cociñeiros MARTA E RAÚL, que dende a súa casiña nos envían o proceso.
Como vedes estes dous compis, recórdannos dúas cousas moi importantes:
- LAVA BEN AS MANS ANTES E DESPOIS DE COCIÑAR!✋✋
- QUÉDATE NA CASA!!🏠
Moitísimas gracias a MARTA, RAÚL e a súa familia por compartir a calor da súa cociña con nós!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario