miércoles, 15 de abril de 2020

ENSALADA DE PASTA #EUQUEDONACASA

En fin xentiña, que nada, que xa estamos no medio doutra semana!! Como pasa o tempo!! e por certo... queda...UN DÍA MENOS!!!

Dende o noso blogue insistimos en que o estades facendo xenial ficando nas vosas casiñas pero manténdovos activos mente e corpo "Mens sana in corpore sano". Sodes uns SUPERHEROES E SUPERHEROINAS fantásticos, cuns poderes extraordinarios. Nunca o olvidedes!!

Hoxe, a nosa compi LAIA de 2º de primaria, e máis a súa familia, sorprendennos cunha receita colorida, saudable e do máis fresquiña (un segredo: eu preparo esta receita moitas veces durante o verán, encántame!): ENSALADA DE PASTA #EUQUEDONACASA.

Alá imos coa súa receita!👀👂

INGREDIENTES:
  • 300 gr de pasta (elixe a forma que queiras, Laia e a súa familia escolleron espirais)
  • auga (para cocer)
  • 2 latas de millo
  • 2 latas de atún
  • 2 latas de olivas verdes
  • 1 culleriña de sal
  • 1 culleriña de aceite
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Poñer a auga a ferver co aceite e sal.
  2. Cando ferva, botar a pasta e esperar 10-12 min
  3. Retirar e deixar enfriar.
  4. Unha vez fría, botar todos os ingredientes (atún, millo, olivas...
  5. Remexer todo xunto e aliñar ao gusto (aceite, sal e vinagre)












Esta familia mándannos unha SUXERENCIA sobre o seu prato: "É unha receita que nos usamos moito cando imos de excursión!!!!".
Xa sabedes podedes facer coma eles e preparar esta deliciosa receita para as vosas saídas en familia: á natureza, á praia, para facer rutas de sendeirismo, de acampada...

MOITÍSIMAS GRACIAS A LAIA E MÁIS A SÚA FAMILIA!Agardamos recibir pronto novas vosas de novo. Seredes ben recibidos. Agrádanos enormemente vervos a través das redes e saber que estades ben. 
Biquiños💋💋


P.D. Non vos olvidedes de visitar o noso blogue da Biblioteca do cole. Temos novidades todos os días!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA