Hoxe recibimos no cole a dous visitantes moi simpáticos AiTOR-TILLA e Illa- PEPINILLA.
Como??? que Quen son estes? Non os coñecedes? Pois son "PANS"...tampouco sabedes que significa isto?? Vémosvos perdidiños!!!!
Son PROFES DA ALIMENTACIÓN E DA NUTRICIÓN SAUDABLE.
Xa está todo un pouquiño máis claro... Non sí?
Viñeron ao noso cole porque levan un obradoiro chamado PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, que é unha modalidade incluida no plan proxecta Aliménta-t ben no que participa o noso cole. É unha campaña promovida pola Consellería do Mar coa colaboración da Consellería de Educación, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca, para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.
Prepararon dous obradoiros: un para os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º Primaria e outro para os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A actividade constaba de dúas partes:
- Unha máis teórica e lúdica: presentación na pizarra dixital de diferentes produtos de alimentación que nos ofrece o mar; unha actividade lúdica de realización de crebacabezas e unha actividade con gafas 3D.
- Unha parte práctica: elaboración dos nosos propios bocatas elixindo os ingredientes que nos apeteron de entre varios ofertados (atún, millo, olivas, queixo, mexilón, leituga, tomate, sardiñas...)
Pasámolo moi ben durante a actividade, uns personaxes verdadeiramente divertidos e agradables. Aprendemos que comer san non ten porque ser aburrido e que existen moitas posibilidades para realizar un bocadillo o máis saudable posible.
Así que como di o seu lema:
"XA NON CHE DOU MÁIS A LATA, É O MOMENTO DE FACER O TEU BOCATA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario