Nova semana, novo luns e continuamos coa desescalada, descontando os días para dicirvos que queda UN DÍA MENOS!! 👌👏👏👏Xa vemos todos e todas máis preto ese día de volver a vernos e compartir anécdotas de tantos días separados!Gardade todos os segredos que de seguido os poderedes contar aos vosos compis!
Hoxe, visítanos no blogue a nosa compi MIRIAM de 3º, que xunto coa súa familia, nos envían a receita do seu BISCOITO DE NATA #EUQUEDONACASA
INGREDIENTES:
- 3 ovos
- 1 taza de fariña
- 1/2 taza azucre
- 200 ml de nata
- 1 sobre de fermento.
PASOS ELABORACIÓN:
- Nun bowl, cascar os ovos.
- Engadir o azucre, a fariña, o fermento e a nata (vacíaa ben)
- Bater todo ben.
- Verter nun molde cuberto con papel de cociña.
- Meter ao forno prequentado a 200º.
Xa temos o noso biscoito de nata preparado para degustar en familia e coma todos estes días... FICANDO NA CASIÑA!🏠
Deixámosvos un video elaborado pola protagonista de hoxe no que podemos ver o seu arte e "desparpajo" manexándose no seu recuncho da súa cociña familiar! Outra Arguiñana máis!!! Canta competencia tedes señores e señoras Chefs!!
MOITÍSIMAS GRACIAS MIRIAN, por pasarte pola nosa cociBaliño a compartir a túa receita. Vémoste xenial!!Esperamos que sigas así e que pronto nos visites de novo cando queiras!!
Biquiños Virtuais 💋💋💝
No hay comentarios:
Publicar un comentario