miércoles, 6 de mayo de 2020

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa "Móvete connosco na casa". Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os videos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

É fundamental que nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a sáude (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas...

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

No noso cole Monte Baliño, a nosa mestra de Educación Física, LAURA, está compartindo co alumnado e familias, durante estas semanas de estado de alarma, diferentes programacións semanais con actividades de exercicio físico (para traballar todas as habilidades motrices: coordinación óculo manual, motricidade fina e grosa...) e técnicas e exercicios de relaxación (ioga, por exemplo), adaptadas os diferentes niveis (infantil, 1º-2º, 3º-4º, 5º-6º).

Cada luns, na plataforma AGUEIRO, propón unha nova entrega por niveis con contido teórico, bailes, exercicios e volta á calma (tal e como se facía no pavillón do noso cole)

LEMBRADE, o exercicio físico combinado cunha axeitada alimentación é a base dunha boa saúde! 🏀🍎🏃🍐🏄🍓🎽🏊🍒🍚🍴🏉🏈⚽⚾E non esquezades que rir tamén alonga a vida!!  😉😂😂

Deíxovos os videos compartidos no programa MÓVETE CONNOSCO NA CASA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA