Seguimos polas nosas casiñas e canta vida lle estamos dando! Temos que seguirlle vendo a parte boa a esta situación. Xa queda UN DÍA MENOS para volver a realidade que ansiamos!
Ollade que superproposta para esta fin de semana, que sempre temos máis tempo!
Hoxe, a nosa coci-mestra Maite e a súa familia, o seu marido e máis o seu fillo Xacobo, traennos varias receitas empregando masa caseira. EMPANADA, PAN E BOLOS PREÑADOS #EUQUEDONACASA
PAN + EMPANADA 50% Trigo 50% Centeo
INGREDIENTES:
- 10 kgs de fariña: 5 trigo, 5 centeo
- Sal gorda
- Fermento de panadaría
- Aceite para untar base.
- Guiso para empanada ao gusto.
PASOS ELABORACIÓN:
- Mesturamos as dúas fariñas nunha tina.
- Desfacemos en auga morna dous puñados de sal gorda e fermento de panadaría (cando o mercas xa che dan a cantidade precisa para eses kilos)
- Facemos un volcán e botamos no medio a auga, e imos xuntándoa coa fariña.
- Temos que traballar moito a masa ata que quede un bolo xigante.
- Espolvoreamos fariña polas paredes da tina, por debaixo do bolo e por riba.
- Tapamos cun pano ben axustado.
- Deixamos levedar como mínimo 2 horas.
- Cun coitelo imos cortando trozos de masa, estirámolos e facemos as barras.
- Colocamos enriba da mesa para que sigan levedando.
- Con outro tro de masa, faremos a base da empanada.
- Empregamos como base, o papel de dentro dos sacos da fariña (RECICLAXE), onde apoiaremos a masas (untar o papel cun pouco de aceite)
- Estiramos cun rodete, botamos o guiso e poñemos outra tapa de masa.
- Prememos cos dedos as dúas masas para que selen e logo imos facendo o"ribirón" dándolle voltas cos dedos índice e polgar.
- Facémoslle un furado no medio a empanada para que respire e pinchamos cun garfo.
- Enfornar:
- Primeiro, metemos as barras. Poñemos fariña na pa e metemos no forno.
- Por último as empanadas.
- As empanadas teñen que estar 1 hora e o pan 1,15 ou 1,30 h, ir ollando!
QUE BARRA MÁIS FEITIÑA AMIGO XACOBO!!!
AII.. ESA EMPANADA TENCHE UNHA PINTA!!!😋😋
MI MADRIÑA!!! QUE BEN FUNCIONA ESTA PANADARÍA!!
E AGORA, TODO PARA O FORNO DE LEÑA!!!
SO QUEDA ESPERAR!!
TAMÉN HAI QUE RECOLLER E LIMPAR TODO!!
E xa para rematar nesta cociña, dinnos tamén que fixeron BOLIÑOS PREÑADOS
Dígovos en serio que se me está facendo boca auga....FAMILIA DE MAITE, ATENDENDES ENCARGOS A DOMICILIO???😂😂😂😂
MOITISIMAS GRACIAS AOS TRES por seguir enchendo de vida esta cociña virtual!! Volvede cando queirades!!!👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario