martes, 12 de mayo de 2020

ESPETOS DE SALMÓN, VIERA E PEIXESAPO #EUQUEDONACASA

Boísimos días!!!!! Espertamos pola mañá orgullosos e orgullosas de dicir que seguimos dando guerra, que seguimos descontando días e que xa nos queda...UN DÍA MENOS!! 👏👏💃💃💃💃

Hoxe temos outra invitada no noso blogue ben coñecida, a nosa mestra de Infantil, ANA (Anita) que nos trae unha proposta moi de mar, para que os que o botamos de menos poidamos viaxar a el co sentido do gusto ESPETOS DE SALMÓN, VIERAS E PEIXESAPO #EUQUEDONACASA



INGREDIENTES (10 espetos para 4/5 persoas):
  • 250 gramos de salmón
  • 250 gramos de vieiras
  • 250 gramos de peixesapo.
  • sal
  • aceite
  • allo
  • perexil...
  • especias ao gusto

PASOS ELABORACIÓN:
  1. Cortar en dados, excepto as vieiras
  2. Adobar con sal, perexil, allo, aceite (se se desexa outra especia, pois ao gusto de cadaquén), deixando un anaquiño de tempo para que collan o aliño.
  3. Ensartar nos espetos, ordeando ao gusto.
  4. Facer nunha plancha ou tixola grande, cun chorriño de aceite ir volteando ata que estén ben feitas.





BO PROVEITO!
Ana cóntanos que están tan boas que na súa casiña duraron pouquiño!!😋😋😋

MOITÍSIMAS GRACIAS PROFE ANA, por compartir a túa receita e teletransportarnos ao mar cos sentidos!!!😍🌅

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA