Non paramos de recibir visitas no Baliño...Tranquil@s, que non cunda o pánico!! Cumprimos e gardamos todas as medidas necesarias de hixiene atendendo as circunstancias actuais.
Hoxe chegaron de visita express os monitores do programa "Fai clic ao teu bocata" (Consellería do Mar), sustituto do seu predecesor no que participamos o ano anterior "Ponlle as pilas ao teu bocata".
A finalidade principal deste programa é dar a coñecer ao alumnado o mundo mariño e a posibilidade do seu consumo a través das conservas debido a súa importancia nutritiva. Como??? Pois a través de explicacións teórico-visuais e como produto final, a degustación dun delicioso bocata.
Mar, a científica especializada en Bioloxía mariña, Roi, o científico especializado en química que investiga o proceso da conserva, acompañados de Lata e a súa familia (Bote, Trilatas) e de Pan e a súa familia (Molde e Millo), farán un percorrido a través das características de diferentes conservas (dende o seu hábitat natural ata chegar a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de enlatado).
Como colofón, os monitores prepararon uns bocatas saudables mesturando diferentes ingredientes coa finalidade de saber apreciar as inmensas posibilidades culinarias para non caer na rutina e facer da elaboración e degustación das nosas merendas un momento creativo e divertido, cheo de nutrientes sans para o noso corpo.
Este día, durante o tempo de lecer, gozamos comendo o bocata na compaña (con distancia) dos nosos/as compañeiros/as.
Agradecemos aos monitores e organizadores os agasallos que nos deixaron (entregados á rapazada uns días despois de estar en corentena): estoxo para gardar o bocata, trípticos informativos e receitas de bocatas saudables e completos.
Graciñas infinitas aos monitores polas súas explicacións e polo bo rato pasado!
Coma sempre, deixámosvos o vídeo recopilatorio deste entretido obradoiro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario