viernes, 28 de mayo de 2021

EXCURSIÓN VIRTUAL PROGRAMA "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

Como colofón final ás modalidades incluidas dentro do programa Aliméntate ben, no que participamos no Baliño, realizamos unha excursión. Unha excursión organizada polos responsables do programa "Ti si que es un bo peixe". Pero esta excursión, levounos ao mundo do mar sen nos mover do interior...como pode ser? Pois realizando unha excursión de xeito virtual.

Queredes saber todo o que fixemos este día?... Aí vai!!

Para empezar, contámosvos que realizamos a excursión en dous grupos: grupo de convivencia de 3º e 4º e grupo de convivencia de 5º e 6º.

  • Comezamos o obradoiro co visionado dun video con gafas de realidade aumentada para posteriormente facer unha posta en común do visto.
  • A continuación realizamos diferentes e divertidas actividades relacionadas coas especies mariñas e o mar:
  1. Marisqueo: Identificación de bivalvos, medidas do tamaño mínimo das diferentes especies para valorar a importancia de cumprir e respectar os mesmos. 
  2. Imos de pesca ou Hábitat de cada especie, extracción e comercialización: artes de pesca, medida de peixes e tamaño mínimo co ictiómetro, recoñecemento da frescura dun peixe, identificación de produtos da pesca (etiqueta), simulación dunha poxa   
Finalmente, rematamos este obradoiro tan instructivo e manipulativo, co reparto por parte dos monitores dun saboroso catering individualizado e entregado a cada participante por separado nunha bolsiña de papel (xenial...LIBRE DE PLÁSTICOS) na que se incluían: unha ensaladiña, un sandwich, un iogur e unha botella de auga.

A rapazada gozou das actividades plantexadas, aprendeu e adquiriu coñecementos saudables e outros que lles permiten reflexionar e ser críticos e coidadosos coas especies mariñas e comeu e compartiu unha merenda completa e sa co resto de compañeiros e compañeiras.

Moitisimas gracias aos nenos e nenas pola vosa participación e polos vosos sorrisos tras os tapabocas e por suposto, MOITISIMAS GRACIAS ÁS MONITORAS QUE NOS ORGANIZARON E DERON FORMA A ACTIVIDADE a pesares desta época non tan sinxela!!

Sigamos nadando cara adiante!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA