Esta semana estivemos moi atarefados co coidado do noso pequeno horto escolar. Os horti-axudantes fixeron de todo para manter a nosa producción ao día e nos poder aproveitar dela o máis pronto posible.
Estamos a ter unhas altas temperaturas, polo que debemos regar a cotío. Velaquí tendes a Ana de 2º dando de beber aos tomates. 🍅🍅🍅
Por outra banda, a nosa mestra Maite, preparou quendas de regadío para que todo o alumnado participe durante os tempos de lecer, pero dun xeito organizado. Tomás e Alexander regan na quenda do seu grupo de convivencia (3º-4º) aos que lles toca esta semana. A que se lles da moi ben?? Traballo en equipo!!👌💪💪
E por último, para completar un pouquiño máis a variedade de produtos (leitugas, tomates, cebolas...), as nosas compañeiras de 4º plantaron lombarda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario