jueves, 26 de octubre de 2023

Marmelo caseiro no Baliño

 A cativada de 3º e 4º, aproveitando que é tempo de marmelos, preparou un delicioso marmelo para logo dar conta del nas nosas sobremesas no comedor. Seguiron as instruccións dunha experta en realizalo na súa casiña, a súa titora a mestra Maite. Lavaron, cortaron, retiraron as sementes do corazón, partiron e puxeron nunha cacerola a lume lento xunto con panela (sustituto do azucre)…Remexeron, esperaron… ata conseguir a textura axeitada… et voilâ!

Esta actividade enmarcada no Plan Proxecta "Nutriescolas" e traballando coordinadamente co Proxecto "Voz Natura", nos que participamos, foi seleccionada e relacionada co proxecto de centro “Coñecendo a provincia: lucus Augusti”. A alimentación e o aproveitamento dos productos que nos da a terra son aspectos fundamentais na nosa terra galega. De aí, a realización de moitas propostas que parten de productos próximos que atopamos en terreos que rodean á nosa escola cedidos por mestres/as, familias… ou incluso da nosa pequena hortiña.

Ademais hai que engadir que as actividades realizadas, teñen un caracter interdisciplinar, xa que se traballan dende as diferentes áreas do currículo (Ciencias Naturais, Matemáticas, Linguas...)

Velaquí podedes ver o resultado. 

En canto ao sabor… iso so o podemos saber nós pero asegurámosvos que o disfrutamos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA