O pasado venres, no Baliño, tivemos o pracer de recibir a visita duns papis moi creativos, a familia (mamá e papá) dos nosos compis Fiz e Lila. Chámanse Iria e Dani.
E que viñan a facer? Pois a presentarnos o seu libro "Grandes Receitas: o raposo Rufo" e a contarnos cousiñas relacionadas coa alimentación saudable.
Algúns non coñecían a Rufo, o seu raposiño protagonista dos contos, así que presentárono. Logo explicaron a cantidade de graxas e azúcares de diferentes alimentos comparándoos dun xeito moi visual coa súa equivalencia en terróns de azucre. Dixéronnos que era moi importante elaborar e consumir menús equilibrados e que preparalos na casa xunto coa familia era moi divertido, por exemplo a súa receita de gofres.😋😋
Logo desta sesión de interacción comunicativa, pasamos a práctica. Os nosos pequenos e pequenas tiveron que reflexionar e debuxar un prato saudable basado no que previamente nos proxectaron Iria e Dani.
Pasar o rato con eles, foi un xeito diferente de comezar as nosas mañás e non sabedes como agradecemos as visitas educativas nestes intres da nosa vida (por suposto, coas medidas de protección necesarias)
Gracias aos dous por compartir con nós o voso libro (polo agasallo do mesmo para a biblio) e por todo o que nos ensinastes neste día.
Agradecémolo moitísimo e deixamos evidencia fotográfica do momento recollida neste pequeno video.
Voltade cando queirades!
Por suposto, o libro xa forma parte da nosa pequena biblioteca e Lerín convídavos a gozar coa lectura del e a realizar algunha das súas moitas receitas. Tédelo á vosa disposición en Biblio Baliño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario