viernes, 30 de abril de 2021

TARTA DE IOGUR NATURAL, AMORODOS E ARANDOS: ANIVERSARIOS 1º E 2º TRIMESTRE

Nun cole pequeno hai vantaxes enormes... Unha delas é poder celebrar os aniversarios xuntiños (que non revoltos)! Que gusto da ter unha minifestiña de aniversario no comedor con tantos e tantas invitad@s. 

Que como o celebramos? Pois nin máis nin menos que con tarta de cumpleanos. Que quen a fixo? Pois os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º coa axuda da súa mestra Maite e da nosa cociñeira Bea. 

INGREDIENTES

-5 iogures naturais

-400 ml. de nata líquida

-1 sobre e medio de xelatina neutra en pó (15 gr)

-120 g de galleta Maríía para a base + 50 g de manteiga

-Amorodos

-Arandos

ELABORACIÓN

1.Triturar as galletas ata que se reduzan a fariña, mesturalas coa manteiga derretida e colocalas de base no fondo dun molde. Presionar ben para que compacte e reservar en frío.

2. Poñer a nata ao lume co azucre.  Desfacer a xelatina en pó en medio vaso de auga e deixar que se hidrate. Cando pasan 10 minutos engadir á mestura xa quente. Deixar quecer para que a xelatina se disolva por completo pero sen chegar a ferver.

3. Retirar do lume e bater a mestura cos iogures.

4. Poñer a mestura no molde. Verter sobre unha culler para que non se deforme a base. Alisar a superficie e deixar callar uns 15 minutos en frío para que teña consistencia antes de poñer as froitas elixidas enriba.

5. Decorar coas froitas ao gusto unha vez que temos a superficie consistente.

6. Deixar enfriar na nevera ata o momento de servir. Polo menos necesitamos 3 horas para que a tarta calle ben.



Segue a súa receita, atrévete a facela e mándonos unha foto ao correo do cole coa túa tarta!



A que vedes aquí abaixo é a fantástica tarta da que gozamos no comedor como sobremesa tras cantarlle aos nosos e as nosas compis o "Parabens para ti"

Cando a volvedes facer?????😋😄




PROGRAMA: TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Esta semana tivemos no cole unha visita especial.  Recibimos aos monitores do programa  "Ti si que es un bo peixe" (Consellería do Mar); programa que da continuidade a un anterior no que participamos o ano pasado "O sabor da aventura está no mar".

A actividade consistiu nun obradoiro que ten como obxetivo principal dar a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar. Aplicamos as medidas oportunas de hixiene e prevención (lavado de mans, xel, distancia, grupos de convivencia estables...)

Os obradoiros realizáronse durante a mañá, distribuíndo o horario atendendo aos tres grupos de convivencia establecidos no centro (Infantil+1º e 2º, 3º/4º e 5º/6º)

Durante a actividade déronnos a coñecer 9 especies de peixes e mariscos coa colaboración inestimable dos monitores e de PeiX (o asistente virtual). Tras a exposición teórica na que aprendemos un montón de cousiñas, chegou o momento do baile e o cante. Isto sí que nos gusta! Ensináronnos unha coreografía para unha canción na que a letra mencionaba as 9 especies das que tratamos. Cando "collimos" os pasos, deron paso ao karaoke.

Foi unha maneira distinta de aprender e trasladarnos ao mar nestes intres nos que tanto anhelamos viaxar!

Por certo, tamén nos deron agasallos: trípticos informativos das especies mariñas, receitas saudables e unha bandana para o sol (entregados tras tempo prudencial de corentena).

MOITÍSIMAS GRAZAS AOS MONITORES E AOS ORGANIZADORES DA CAMPAÑA!!!

Deixámosvos a recopilación videográfica do programa!!!



jueves, 15 de abril de 2021

IOGUR NATURAL

Seguimos a recibir propostas saudables dende as nosas aulas e grazas ao noso alumnado e as súas mestras e mestres.

A nova proposta, de seguro vos vai encantar: polo sinxela que é de facer, polo pouquiño tempo que require, polo rica que está e polo pracer de comer algo feito por nós mesmos. Desta volta, a rapazada de 1º e 2º xunto con Maite, ensínannos a elaborar IOGUR NATURAL CASEIRO.

Por suposto, respetamos todas as normas hixiénicas esixidas, sobre todo non esquecemos ter as mans moi, moi limpas!!

Poñede todos os vosos sentidos en marcha e atendede a receita:

INGREDIENTES

-1 LITRO DE LEITE ENTEIRA

-50 GR DE LEITE EN PÓ

-1 IOGUR NATURAL

ELABORACIÓN

1. Quentamos o leite a 60 º

2. Engadimos o leite en pó e remexemos

3. Botamos o iogur e seguimos remexendo.

4. Cando todo estea ben mesturado, coa axuda dunha xerra, vertemos o contido nuns vasiños de cristal.

6. Colocámolos na iogurteira e deixámolos quecer 24 horas.

7. Por último, metémolos a enfriar no frigorífico ata o día seguinte. 


Asegúrovos que están boísimos... unha servidora tivo o gusto de probalos. Grazas por compartilo rapaces e rapazas!

Queredes ver como o fixeron e como o "paparon" ??







ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA