viernes, 30 de abril de 2021

PROGRAMA: TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Esta semana tivemos no cole unha visita especial.  Recibimos aos monitores do programa  "Ti si que es un bo peixe" (Consellería do Mar); programa que da continuidade a un anterior no que participamos o ano pasado "O sabor da aventura está no mar".

A actividade consistiu nun obradoiro que ten como obxetivo principal dar a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar. Aplicamos as medidas oportunas de hixiene e prevención (lavado de mans, xel, distancia, grupos de convivencia estables...)

Os obradoiros realizáronse durante a mañá, distribuíndo o horario atendendo aos tres grupos de convivencia establecidos no centro (Infantil+1º e 2º, 3º/4º e 5º/6º)

Durante a actividade déronnos a coñecer 9 especies de peixes e mariscos coa colaboración inestimable dos monitores e de PeiX (o asistente virtual). Tras a exposición teórica na que aprendemos un montón de cousiñas, chegou o momento do baile e o cante. Isto sí que nos gusta! Ensináronnos unha coreografía para unha canción na que a letra mencionaba as 9 especies das que tratamos. Cando "collimos" os pasos, deron paso ao karaoke.

Foi unha maneira distinta de aprender e trasladarnos ao mar nestes intres nos que tanto anhelamos viaxar!

Por certo, tamén nos deron agasallos: trípticos informativos das especies mariñas, receitas saudables e unha bandana para o sol (entregados tras tempo prudencial de corentena).

MOITÍSIMAS GRAZAS AOS MONITORES E AOS ORGANIZADORES DA CAMPAÑA!!!

Deixámosvos a recopilación videográfica do programa!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA