viernes, 20 de marzo de 2020

LAVADO DE MANS #EUQUEDONACASA

A hixiene é un aspecto que non debemos descoidar nunca pero neste momento todavía menos.

O método que temos máis ao noso alcance para previr o contaxio do coronovirus e contribuir a frear a súa expansión (ademais de cumprir co movemento #EUQUEDONACASA) é o LAVADO DE MANS.

Dende este espazo queremos insistir na importancia de realizar un bo e axeitado lavado de mans que permitirá manter os xermenes lonxe e a diferentes axentes portadores de enfermidades coma o virus co que nos estamos atopando. VENCERÉMOLO PERO CUMPRE COA TÚA PARTE!

Recorda 👍que debemos lavar as mans a miúdo pero especialmente:
  • Antes de comer.
  • Despois de ir ao baño.
  • Antes, durante e despois de participar no preparado da comida.
  • Despois de soar o nariz, esbirrar ou tusir.
  • Despois de tocar animais.
  • Ao volver da rúa, escola, traballo...
Pasos para lavar 💦correctamente as mans:
  • Empregar suficiente xabón.
  • Frotar as mans entre sí, os dorsos e entre os dedos.
  • Frotar o "matapiollos" dunha man coa palma da outra facendo xiros e viceversa.
  • Frotar a punta dos dedos dunha man contra a palma da outra.
  • Lava tamén os teus pulsos con movementos rotatorios.
  • Enxauga ben e seca!

ESTA ACCIÓN DEBE DURAR ENTRE 35 E 40 SEGUNDOS, O QUE TARDAS EN CANTAR UNHA OU DÚAS VECES A CANCIÓN DE CUMPREANOS FELIZ.


A continuación déixovos tamén un video para ver coas vosas familias no que nos informan dun xeito claro o que é o virus do CORONAVIRUS!


jueves, 5 de marzo de 2020

CHARLA ALIMENTACIÓN

O luns 2 de marzo, recibimos no cole a unha experta nutricionista que nos descubriu un montón de cousas descoñecidas dos alimento. 
  • Ensinounos a evolución da coñecida pirámide da alimentación saudable, ata incluso coñecemos unha pirámide invertida.
  • Explicounos cantas veces e que cantidade de ración deberiamos consumir de cada grupo de alimentos a través do método do man.
  • Recalcou a extrema importancia do axeitado lavado de mans e deixounos un folleto explicativo para recordalo sempre.
  • Expúxonos os diferentes grupos de alimentos que debe conter a nosa dieta e as infinitas posibilidades que existían, sobre todo no grupo das froitas. Neste punto, sinalar que quedou moi satisfeita polos nosos coñecementos deste grupo (coñeciamos ata os máis pouco habituais e estraños como a froita do dragón)
  • Plantexou a importancia de todas as comidas do día, non estrictamente do almorzo.
  • Coñecemos o nutriprato para comer saudable organización das cantidades dos alimentos no noso prato por códigos de colores.
  • Explicounos que cousas debemos ter en conta e consultar nas etiquetas dos alimentos.
Fixemos unha morea de preguntas, ás que a nutricionista nos contestou con toda a paciencia do mundo. 
Aprendemos vendo, escoitando e participando activamente na charla sobre alimentación.
Grazas pola visita e por compartir con nós este tema tan interesante!

Compartimos con todos e todas a imaxe do método da man (para controlar as racións recomendadas dos alimentos)



martes, 3 de marzo de 2020

BATIDO DE FRESA E PLÁTANO

O pasado venres os rapaces e rapazas de Infantil e 1º e 2º elaboraron un delicioso batido de fresas🍓 e plátano 🍌 para a súa merenda de recreo.

Primeiro falaron e investigaron sobre os ingredientes, utensilios e pasos para a súa elaboración nun traballo grupal no que tiveron que cubrir unhas plantillas (no caso de Infantil) e redactar unha receita (texto instructivo, no caso de Primaria). Desta maneira, facemos un traballo interdisciplinar: lectoescritura, grafomotricidade, aprender a aprender, habilidades matemáticas (no cálculo das cantidades para un número máis elevado de comensales...

Coma bos cociñeiros e cociñeiras, realizaron a súa proposta alimentaria no entorno do comedor. Fixeron dous grandes grupos, modelados e dirixidos polas súas mestras Ana e Maite.

Alí puxéronxe mans á obra, despois de telas lavado moi ben para manipular con hixiene correcta os alimentos. Recordade SEMPRE LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARACIÓN DE ALIMENTOS.

Pasaron un rato educativo, divertido e moi saudable. Aprenderon que os tentempés poden ser con froita en diferentes versións, coma esta co batido e que non requiren de moito tempo de elaboración, polo que fóra a excusa da economía temporal. O tempo é ouro se o aproveitas!!




DEIXÁMOSVOS OS PASOS SINXELOS PARA FACELO PREPARADOS POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ANIMÁDEVOS A COMER SAUDABLE!!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA