jueves, 5 de marzo de 2020

CHARLA ALIMENTACIÓN

O luns 2 de marzo, recibimos no cole a unha experta nutricionista que nos descubriu un montón de cousas descoñecidas dos alimento. 
  • Ensinounos a evolución da coñecida pirámide da alimentación saudable, ata incluso coñecemos unha pirámide invertida.
  • Explicounos cantas veces e que cantidade de ración deberiamos consumir de cada grupo de alimentos a través do método do man.
  • Recalcou a extrema importancia do axeitado lavado de mans e deixounos un folleto explicativo para recordalo sempre.
  • Expúxonos os diferentes grupos de alimentos que debe conter a nosa dieta e as infinitas posibilidades que existían, sobre todo no grupo das froitas. Neste punto, sinalar que quedou moi satisfeita polos nosos coñecementos deste grupo (coñeciamos ata os máis pouco habituais e estraños como a froita do dragón)
  • Plantexou a importancia de todas as comidas do día, non estrictamente do almorzo.
  • Coñecemos o nutriprato para comer saudable organización das cantidades dos alimentos no noso prato por códigos de colores.
  • Explicounos que cousas debemos ter en conta e consultar nas etiquetas dos alimentos.
Fixemos unha morea de preguntas, ás que a nutricionista nos contestou con toda a paciencia do mundo. 
Aprendemos vendo, escoitando e participando activamente na charla sobre alimentación.
Grazas pola visita e por compartir con nós este tema tan interesante!

Compartimos con todos e todas a imaxe do método da man (para controlar as racións recomendadas dos alimentos)



martes, 3 de marzo de 2020

BATIDO DE FRESA E PLÁTANO

O pasado venres os rapaces e rapazas de Infantil e 1º e 2º elaboraron un delicioso batido de fresas🍓 e plátano 🍌 para a súa merenda de recreo.

Primeiro falaron e investigaron sobre os ingredientes, utensilios e pasos para a súa elaboración nun traballo grupal no que tiveron que cubrir unhas plantillas (no caso de Infantil) e redactar unha receita (texto instructivo, no caso de Primaria). Desta maneira, facemos un traballo interdisciplinar: lectoescritura, grafomotricidade, aprender a aprender, habilidades matemáticas (no cálculo das cantidades para un número máis elevado de comensales...

Coma bos cociñeiros e cociñeiras, realizaron a súa proposta alimentaria no entorno do comedor. Fixeron dous grandes grupos, modelados e dirixidos polas súas mestras Ana e Maite.

Alí puxéronxe mans á obra, despois de telas lavado moi ben para manipular con hixiene correcta os alimentos. Recordade SEMPRE LAVAR BEN AS MANS ANTES DE PREPARACIÓN DE ALIMENTOS.

Pasaron un rato educativo, divertido e moi saudable. Aprenderon que os tentempés poden ser con froita en diferentes versións, coma esta co batido e que non requiren de moito tempo de elaboración, polo que fóra a excusa da economía temporal. O tempo é ouro se o aproveitas!!




DEIXÁMOSVOS OS PASOS SINXELOS PARA FACELO PREPARADOS POLOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. ANIMÁDEVOS A COMER SAUDABLE!!



domingo, 9 de febrero de 2020

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe recibimos no cole a dous visitantes moi simpáticos AiTOR-TILLA e Illa- PEPINILLA. 

Como??? que Quen son estes? Non os coñecedes? Pois son "PANS"...tampouco sabedes que significa isto?? Vémosvos perdidiños!!!!
 Son PROFES DA ALIMENTACIÓN E DA NUTRICIÓN SAUDABLE.
Xa está todo un pouquiño máis claro... Non sí?

Viñeron ao noso cole porque levan un obradoiro chamado PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, que é unha modalidade incluida no plan proxecta Aliménta-t ben no que participa o noso cole. É unha campaña promovida pola Consellería do Mar coa colaboración da Consellería de Educación, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca, para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar.

Prepararon dous obradoiros: un para os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º Primaria e outro para os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

A actividade constaba de dúas partes:
  • Unha máis teórica e lúdica: presentación na pizarra dixital de diferentes produtos de alimentación que nos ofrece o mar; unha actividade lúdica de realización de crebacabezas e unha actividade con gafas 3D.
  • Unha parte práctica: elaboración dos nosos propios bocatas elixindo os ingredientes que nos apeteron de entre varios ofertados (atún, millo, olivas, queixo, mexilón, leituga, tomate, sardiñas...)
Pasámolo moi ben durante a actividade, uns personaxes verdadeiramente divertidos e agradables. Aprendemos que comer san non ten porque ser aburrido  e que existen moitas posibilidades para realizar un bocadillo o máis saudable posible.

Así que como di o seu lema:

"XA NON CHE DOU MÁIS A LATA, É O MOMENTO DE FACER O TEU BOCATA"



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA