A cativada de 3 anos segue a investigar no tema da alimentación.
Desta volta, velaquí os temos facendo á compra no supermercado, cargando o seu carriño para despois pasar á clasificación dos alimentos mercados.
Para a clasificación, empregaron un semáforo dos alimentos de cores cos seguintes criterios:
- Vermello: alimentos que debemos evitar consumir
- Amarelo: alimentos que debemos consumir en contadas ocasións
- Verde: alimentos que debemos consumir a miúdo.
Que tal o vedes?
Opinades o mesmo que os nosos e as nosas pequen@s?
Grazas por compartir con nós a vosa investigación rapazada!!👅
No hay comentarios:
Publicar un comentario