Voltamos cos aniversarios grupais. Esta vez celebramos os dos compañeiros e compañeiras que dan a volta ao sol no mes de novembro, decembro e xaneiro.
Da gusto poder compartir con tanta xente que nos quere os nosos días especiais. No Baliño somos moi afortunados de formar unha PEQUENA GRAN FAMILIA.
A continuación deixámosvos a receita porque de seguro queredes poñer a proba as vosas dotes culinarias.
INGREDIENTES:
- 1 paquete galletas.
- 70 g manteiga
- 200 g queixo crema
- 500 g nata
- 80 g azucre
- 1 sobre de xelatina neutra en pó
- marmelada de froitos vermellos
ELABORACIÓN:
1. Para a base: Esmagar as galletas coa axuda dun batedor e engadir manteiga derretida. mesturando cunha culler. Verter a pasta obtida nun molde desmontable e reservar no frigorífico
2. Nunha cazola poñer o leite, o queixo crema, xelatina, a nata e o azucre. Imos mesturando mentres se quenta a lume baixo. Remexemos e non deixamos ferver. Engadimos xelatina. Separamos do lume e batemos.
3. Baleiramos a mestura enriba da base de galletas pouco a pouco.
4. Deixamos enfriar a temperatura ambiente.
5. Deixamos repousar no frigo ata o día seguinte.
6. Decoramos ao gusto: marmelada, anacos de froita...
Non vos podedes imaxinar a de valores e cousas da vida cotiá traballamos e aprendemos con estas pequenas aportacións. Grazas por suposto aos artífices de endulzarnos a sobremesa do comedor, o alumnado de 1º e 2º e a súa titora Maite, e a Bea, a nosa cociñeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario