martes, 8 de febrero de 2022

IMOS Á COMPRA

 A cativada de 3 anos segue a investigar no tema da alimentación.

Desta volta, velaquí os temos facendo á compra no supermercado, cargando o seu carriño para despois pasar á clasificación dos alimentos mercados.

Para a clasificación, empregaron un semáforo dos alimentos de cores cos seguintes criterios:

  • Vermello: alimentos que debemos evitar consumir
  • Amarelo: alimentos que debemos consumir en contadas ocasións
  • Verde: alimentos que debemos consumir a miúdo. 

Que tal o vedes? 

Opinades o mesmo que os nosos e as nosas pequen@s?

Grazas por compartir con nós a vosa investigación rapazada!!👅


 

viernes, 4 de febrero de 2022

ANIVERSARIOS NO COLE: TARTA DE QUEIXO

Voltamos cos aniversarios grupais. Esta vez celebramos os dos compañeiros e compañeiras que dan a volta ao sol no mes de novembro, decembro e xaneiro.

Da gusto poder compartir con tanta xente que nos quere os nosos días especiais. No Baliño somos moi afortunados de formar unha PEQUENA GRAN FAMILIA.

A continuación deixámosvos a receita porque de seguro queredes poñer a proba as vosas dotes culinarias. 

INGREDIENTES:

  • 1 paquete galletas.
  • 70 g manteiga
  • 200 g queixo crema
  • 500 g nata
  • 80 g azucre
  • 1 sobre de xelatina neutra en pó
  • marmelada de froitos vermellos

ELABORACIÓN:

1. Para a base: Esmagar as galletas coa axuda dun batedor e engadir manteiga derretida. mesturando cunha culler. Verter a pasta obtida nun molde desmontable e reservar no frigorífico

2. Nunha cazola poñer o leite, o queixo crema, xelatina, a nata e o azucre. Imos mesturando mentres se quenta a lume baixo. Remexemos e non deixamos ferver. Engadimos xelatina. Separamos do lume e batemos.

3. Baleiramos a mestura enriba da base de galletas pouco a pouco.

4. Deixamos enfriar a temperatura ambiente.

5. Deixamos repousar no frigo ata o día seguinte.

6. Decoramos ao gusto: marmelada, anacos de froita...

Non vos podedes imaxinar a de valores e cousas da vida cotiá traballamos e aprendemos con estas pequenas aportacións. Grazas por suposto aos artífices de endulzarnos a sobremesa do comedor, o alumnado de 1º e 2º e a súa titora Maite, e a Bea, a nosa cociñeira. 

 




lunes, 20 de diciembre de 2021

SANTA CLAUS DE FROITA

Para rematar este ano 2021 e como colofón ao final do trimestre, coincidindo coas datas de Nadal, nas aulas de Infantil, os máis cativos prepararon as súas propias merendas facéndonos partícipes das súas creacións: uns Santa Claus de plátano, fresa e arandos.🍌🍓🍇

A froita sempre é unha boa e saudable opción para as merendas e se a iso lle engadimos doses de diversión, imaxinación e ilusión, o éxito está completamente asegurado.

Por suposto, seguimos a coidar e levar a cabo todas as medidas preventivas contra a Covid: lavado de mans, uso de tapabocas e distancia.

Damos conta de que ademais de aprender facendo e experimentando, gañando en autonomía, pasaron un tempiño ben agradable compartindo cos compañeiros e compañeiras.

Queredes ver o resultado? Confiamos en que a resposta é un gran SÍ... Pois aquí o tendes!



 

 

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA