jueves, 26 de noviembre de 2020

ANÁLISIS DAS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS EN 5º E 6º

Os maiores do noso cole na unidade de Alimentación e Saúde da área das Ciencias Naturais, estiveron a darlle voltas a pirámide alimenticia: en que parte da pirámide se situaban os alimentos, cales eran máis recomendables e cales tiñan que ter unha frecuencia e consumo menor, os ricos en hidratos, vitaminas...

Falando falando, e unha vez chegados aos compoñentes dos alimentos e de que para sabelo deberían observar as etiquetas que os acompañan nos envases, a súa mestra Lau, mandoulles facer un pequeno traballo de investigación.

En que consistiu?

Primeiro: búsqueda na casa da etiqueta dun produto.

Segundo: recoñecemento, discriminación e recollida de información dos datos solicitados.

Terceiro: análisis da cantidade de valor nutricional que tiña en comparación co peso total.

Un traballo completo, productivo e funcional sobre os compoñentes e valor enerxético do que consumimos.

Queda, coma sempre, constancia fotográfica dos seus traballos!!

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!








miércoles, 25 de noviembre de 2020

RECEITAS CATIVAS CON IRIA E DANI

O pasado venres, no Baliño, tivemos o pracer de recibir a visita duns papis moi creativos, a familia (mamá e papá) dos nosos compis Fiz e Lila. Chámanse Iria e Dani.

E que viñan a facer? Pois a presentarnos o seu libro "Grandes Receitas: o raposo Rufo" e a contarnos cousiñas relacionadas coa alimentación saudable.

Algúns non coñecían a Rufo, o seu raposiño protagonista dos contos, así que presentárono. Logo explicaron a cantidade de graxas e azúcares de diferentes alimentos comparándoos dun xeito moi visual coa súa equivalencia en terróns de azucre. Dixéronnos que era moi importante elaborar e consumir menús equilibrados e que preparalos na casa xunto coa familia era moi divertido, por exemplo a súa receita de gofres.😋😋

Logo desta sesión de interacción comunicativa, pasamos a práctica. Os nosos pequenos e pequenas tiveron que reflexionar e debuxar un prato saudable basado no que previamente nos proxectaron Iria e Dani.

Pasar o rato con eles, foi un xeito diferente de comezar as nosas mañás e non sabedes como agradecemos as visitas educativas nestes intres da nosa vida (por suposto, coas medidas de protección necesarias)

Gracias aos dous por compartir con nós o voso libro (polo agasallo do mesmo para a biblio) e por todo o que nos ensinastes neste día.

Agradecémolo moitísimo e deixamos evidencia fotográfica do momento recollida neste pequeno video.

Voltade cando queirades!

Por suposto, o libro xa forma parte da nosa pequena biblioteca e Lerín convídavos a gozar coa lectura del e a realizar algunha das súas moitas receitas. Tédelo á vosa disposición en Biblio Baliño.




jueves, 19 de noviembre de 2020

QUE DEBO ALMORZAR?

Pois deste xeito atallaron os nosos peques de 5º de educación Infantil o tema do almorzo, seleccionando cales eran os alimentos máis saudables e aconsellables para comezar a mañá con moita enerxía.

Ana, a súa mestra, explicoulles cales eran as vantaxes e inconvintes de elixir un ou outro para o noso almorzo e para a nosa saúde... Quedoulles "claro, clarinete" que o exceso de azúcares era pouco recomendable.

Velaquí os tendes traballando na tarefa!











ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA