miércoles, 6 de mayo de 2020

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa "Móvete connosco na casa". Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os videos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

É fundamental que nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a sáude (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas...

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

No noso cole Monte Baliño, a nosa mestra de Educación Física, LAURA, está compartindo co alumnado e familias, durante estas semanas de estado de alarma, diferentes programacións semanais con actividades de exercicio físico (para traballar todas as habilidades motrices: coordinación óculo manual, motricidade fina e grosa...) e técnicas e exercicios de relaxación (ioga, por exemplo), adaptadas os diferentes niveis (infantil, 1º-2º, 3º-4º, 5º-6º).

Cada luns, na plataforma AGUEIRO, propón unha nova entrega por niveis con contido teórico, bailes, exercicios e volta á calma (tal e como se facía no pavillón do noso cole)

LEMBRADE, o exercicio físico combinado cunha axeitada alimentación é a base dunha boa saúde! 🏀🍎🏃🍐🏄🍓🎽🏊🍒🍚🍴🏉🏈⚽⚾E non esquezades que rir tamén alonga a vida!!  😉😂😂

Deíxovos os videos compartidos no programa MÓVETE CONNOSCO NA CASA.

martes, 5 de mayo de 2020

XUXOS RECHEOS #EUQUEDONACASA

Os nosos fogóns non paran, igual que o tempo, que tampouco para con ninguén...UN DÍA MENOS!!👋👋👌 Xa non queda nada para volver a xogar  e compartir tempo xuntiños no noso patio!! 

Bótase moito de menos a vosa ilusión e escoitar as vosas risas, pero volverán!! Seguimos FORTES E VALENTES!

Este martes, volve unha visitante antiga á nosa cociBaliño, ADRIANA, que nos trae a súa receita de XUXOS RECHEOS CASEIROS #EUQUEDONACASA


INGREDIENTES:
  • 500 ml de leite
  • 100 gr de azucre
  • 50 gr de maicena
  • 3 ovos
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Aromatizamos o leite con canela, pel de laranxa e limón.
  2. Facemos a crema pasteleira, mesturando o anterior con maicena, azucre e ovos. Bátese forte ata conseguir a textura da crema.
  3. Batemos ovos e rebozamos os pans de leite.
  4. Fritimos e cubrimos de azucre.
  5. Ábrense con coitelo pola metade e enchémolos coa crema.















BUENO, BUENO... CREO QUE NON SE PODE ESTAR NA COCIÑA CON MÁIS GLAMOUR QUE ADRI!!💁

LISTOS!! Ricos NOONNNNN, RIQUÍSIMOS...!!📣📣 (Dinos a súa creadora)

MOITÍSIMAS GRACIAS DE NOVO FAMILIA, gracias por participar tan activamente en todo o que propoñemos dende o cole! Somos quen de entender que non estamos en bo tempo, sen embargo, vós sacades a mellor das vosas caras e apuntádesvos a un bombardeo! Así da gusto!

Gracias a tódalas familias pola aceptación das nosas propostas e retiños!
Agárdamosvos sempre cos brazos abertos!

BIQUIÑOS VIRTUAIS!!!💋💋💋💋

lunes, 4 de mayo de 2020

BISCOITO DE NATA #EUQUEDONACASA

Nova semana, novo luns e continuamos coa desescalada, descontando os días para dicirvos que queda UN DÍA MENOS!! 👌👏👏👏Xa vemos todos e todas máis preto ese día de volver a vernos e compartir anécdotas de tantos días separados!Gardade todos os segredos que de seguido os poderedes contar aos vosos compis!

Hoxe, visítanos no blogue a nosa compi MIRIAM de 3º, que xunto coa súa familia, nos envían a receita do seu BISCOITO DE NATA #EUQUEDONACASA

INGREDIENTES:

  • 3 ovos
  • 1 taza de fariña
  • 1/2 taza azucre
  • 200 ml de nata
  • 1 sobre de fermento.
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Nun bowl, cascar os ovos.
  2. Engadir o azucre, a fariña, o fermento e a nata (vacíaa ben)
  3. Bater todo ben.
  4. Verter nun molde cuberto con papel de cociña.
  5. Meter ao forno prequentado a 200º.
Xa temos o noso biscoito de nata preparado para degustar en familia e coma todos estes días... FICANDO NA CASIÑA!🏠

Deixámosvos un video elaborado pola protagonista de hoxe no que podemos ver o seu arte e "desparpajo" manexándose no seu recuncho da súa cociña familiar! Outra Arguiñana máis!!! Canta competencia tedes señores e señoras Chefs!!




MOITÍSIMAS GRACIAS MIRIAN, por pasarte pola nosa cociBaliño a compartir a túa receita. Vémoste xenial!!Esperamos que sigas así e que pronto nos visites de novo cando queiras!!

Biquiños Virtuais 💋💋💝

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA