viernes, 3 de abril de 2020

BATIDO DE FRESAS E PLÁTANO #EUQUEDONACASA

Ola Baliños e Baliñas e demais seguidores do noso blogue AliméntatBaliño. Aquí estamos de novo para pechar unha semana máis na que estamos sendo IMPARABLES LOITADORES dende as nosas casas. Gracias por colaborar, por todos os vosos esforzos, por todos os aplausos que estades regalando e por toda a vida que, dende as vosas casiñas estades dando ao mundo e a este blogue, que humildemente quere axudarvos a sobrelevalo mellor!👏👏👏

E así pasando os segundos, os minutos e as horas xa vos lembro que queda ...UN DÍA MENOS!!!👌

Hoxe, as nosas compis Martina e Claudia, de 2º e 4º xunto coa súa familia, prepararon para todos e todas un fresquiño e saudable, BATIDO DE FRESAS E PLÁTANO #EUQUEDONACASA. Aiiiiiii! suspiro porque conseguiron levar a miña mente a aquel día no cole que os pequechos de infantil e os de primeiro e segundo, fixeron este batido tamén no cole para todos. Seguro que en nada estamos preparando un todiños no cole de novo!!!

Non é a mesma receita que fixemos no cole pero de seguro que estará boísima porque os ingredientes pintan moi ben!!!



INGREDIENTES:

    • 300 gr. de fresas e plátano.
    • 300 gr. de iogur de piña e coco.
    • 30 gr. de azucre 
    • 200 gr. de leite








PASOS ELABORACIÓN:
  1. Lavar moi moi moi ben as fresas.
  2. Pelar os plátanos.
  3. Cortar en anacos e engadir a froita, iogur de piña e coco, azucre e leite á batidora
  4. Batir durante aproximadamente 1 minutiño.
  5. Servir e....
DISFRUTAR!!!!!😋


Velaí estas as dúas seguindo os pasos para elaborar a súa receita.


E tamén escribiron a súa receita para traballar a expresión escrita!!  De verdade que estades sendo uns campións e campioas co que estades aguantando e traballando ademais.!!NORABOA CLAUDIA E MARTINA! 

MOITÍSIMAS GRAZAS RAPAZAS E A VOSA FAMILIA, esperámosvos aquí e será un pracer publicar outra receita que se vos ocorra!!! Bicos VIRTUAIS👄👄

P.D. Deixovos o enlace a nosa biblioteca e recórdovos que todos, todos os días se están colgando novidades (contos, curtas, recomendacións, enlaces, manualidades....). Aproveitade para entrar hoxe mesmo, VENRES 3 ABRIL, creo que teredes unha sorpresa que vos vai gustar moito. 

VISITADE A NOSA 
BIBLIO-BALIÑO!!

jueves, 2 de abril de 2020

DONUTS DE CORES #EUQUEDONACASA

Bos días alumnado, familia e demais visitantes do Blogue do ALIMENTATEBALIÑO!!! De verdade que xa é xoves??? Temos o fin de semana aí pretiño para divertirnos!!!E por certo... unha semaniña que remata de novo e UN DÍA MENOS no noso almanaque particular para vernos!!

Para seguir inaugurando o mes de abril, JIMENA de 1º e a súa familia, envíannos unha receita moi alegre, doce e creativa: DONUTS DE CORES #EUQUEDONACASA

COBERTURAS DE CORES PARA DONUTS

INGREDIENTES:
  • Abelás
  • chocolate negro para fundir
  • nata líquida
  • unha clara de ovo
  • 225 gr. de azucre glas
  • 1 limón
  • colorante alimentario amarelo
  • colorante alimentario branco
  • colorante alimentario rosa
  • toppings de cores.
  • toppings de chocolate
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Para conseguir o topping de froitos secos, aplasta unhas abelás no morteiro. Para cubrir de chocolate, hai que fundilo nun cazo sen parar de remover.
  2. Inmediatamente antes de enfriarse e que se poña duro, extendelo sobre o donut e engadir o topping de abelás.
  3. Para as coberturas de cores, tes que facer un glaseado e dividilo en tres, un por cada cor: amarelo, blnco e rosa. Para o glaseadom bate unha clara de ovo xunto a 225 g de azucre glas e tres partes de gotas de zumo de limón.
  4. Facer tres partes e engadir unhas gotas do colorante correspondente a cada unha. Remover outra vez.
  5. Estender por riba as coberturas de cor e engadir chocolate. Deixar os donuts un par de horas no frigorífico antes de comelos.








Como podedes ver, o noso alumnado non só traballa na cociña, senón que traballan a expresión escrita e a elaboración de textos (neste caso instructivo) nas súas libretas. NORABOA  JIMENA!! Fíxeches un traballo moi completo.

Coma sempre...MOITISIMAS GRACIAS A JIMENA e a súa familia, que comparte con nós unha receita de decoración moi orixinal!! Así aínda apetece comer máis os teus donuts!!

miércoles, 1 de abril de 2020

BISCOITO #EUQUEDONACASA

Alaaaaa, que xa comezamos ABRIL, isto vai VENTO EN POPA A TODA VELA!!Outro empuxón máis e xa estaremos xuntiños de novo bicándonos, enchéndonos de apertas, compartindo xogos e risas e disfrutando das pequenas cousas que nos regala a vida. UN DÍA MENOS...!!!👆

E para comezar este novo mes, facéndonos sentir preto, o noso compi MATEO de 1º e a súa familia, facilítannos a súa receita de BISCOITO #EUQUEDONACASA

Ollade as fotos, parece que a Mateo lle gusta estar entre fogóns, mirade como ri!Mateo gústanos verte así de feliz!

BISCOITO 

INGREDIENTES:

  • 3 ovos
  • fariña
  • aceite
  • leite
  • azucre
  • fermento
  • toque especial de MATEO: pastillas de chocolate
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Verter nun bowl ovos, fariña, aceite, leite, azucre e fermento.
  2. Bater todo ben.
  3. Meter ao forno durante aproximadamente 30 minutos.



























Xa temos o noso BISCOITO listo para comer!!

Como vedes, con ingredientes fáciles de conseguir nas nosas casas e cun proceso de elaboración ben sinxelo, aquí vos deixamos a mostra de que cociñar é divertido, educativo e nos permite compartir tempo coa nosa familia.

MOITÍSIMAS GRACIAS A MATEO e a súa familia por pasar este ratiño con nós e regalarnos os seus momentos en imaxes.
Mateo tamén fixo a súa receita na libreta! Mirade que clariño nos deixou todo!!👀


P.D. NON OLVIDEDES LAVAR BEN AS MÁNS ANTES DE MANIPULAR ALIMENTOS

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA