Nun cole pequeno hai vantaxes enormes... Unha delas é poder celebrar os aniversarios xuntiños (que non revoltos)! Que gusto da ter unha minifestiña de aniversario no comedor con tantos e tantas invitad@s.
Que como o celebramos? Pois nin máis nin menos que con tarta de cumpleanos. Que quen a fixo? Pois os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º coa axuda da súa mestra Maite e da nosa cociñeira Bea.
INGREDIENTES:
-5 iogures naturais
-400 ml. de nata líquida
-1 sobre e medio de xelatina neutra en pó (15 gr)
-120 g de galleta Maríía para a base + 50 g de manteiga
-Amorodos
-Arandos
ELABORACIÓN:
1.Triturar as galletas ata que se reduzan a fariña, mesturalas coa manteiga derretida e colocalas de base no fondo dun molde. Presionar ben para que compacte e reservar en frío.
2. Poñer a nata ao lume co azucre. Desfacer a xelatina en pó en medio vaso de auga e deixar que se hidrate. Cando pasan 10 minutos engadir á mestura xa quente. Deixar quecer para que a xelatina se disolva por completo pero sen chegar a ferver.
3. Retirar do lume e bater a mestura cos iogures.
4. Poñer a mestura no molde. Verter sobre unha culler para que non se deforme a base. Alisar a superficie e deixar callar uns 15 minutos en frío para que teña consistencia antes de poñer as froitas elixidas enriba.
5. Decorar coas froitas ao gusto unha vez que temos a superficie consistente.
6. Deixar enfriar na nevera ata o momento de servir. Polo menos necesitamos 3 horas para que a tarta calle ben.