miércoles, 30 de diciembre de 2020

CATEGORIZANDO ALIMENTOS

Estes rapaces e rapazas de 1º e 2º, xunto co seu mestre Jesús, están a aprender moito dos alimentos. Hoxe traénnos unha actividade que consistía en categorizar os alimentos atendendo a tres criterios:

  • os que nos proporcionan enerxía
  • os que fan que funcione o noso corpo
  • os que nos axudan a crecer 


E velaquí tedes a minireportaxe fotográfica da súa tarefa.

Moitas gracias por nos ensinar cousiñas e compartir o voso traballiño!







miércoles, 2 de diciembre de 2020

OBRADOIRO OUTONO CONTACONTOS

O pasado venres voltou a visitarnos Iria, a mami dos nosos compis Lila e Fiz. Esta vez troúxonos un obradoiro para o grupo de convivencia de Infantil e 1º/2º de Primaria. 

A actividade que nos presentou xiraba entorno ao seu libro "Pilonga e Amanito"


Comezou cunha pequena introducción sobre o OUTONO na que falamos das cores, as paisaxes, o clima... os productos do outono, coma os cogumelos e porqué.

Amosounos fotiños de diferentes cogumelos e contounos as súas características e cales se podían e non consumir. 

Tras isto, continuou cunha sesión de contacontos do seu libro.

Para rematar este obradoiro tan entretido, propúxolles aos pequenos e pequenas colorear e deseñar a súa propia casa-cogumelo e o máis divertido de todo, fixeron un collage no que se representaron a sí mesmos coma se fosen gnomos

Foi unha mañá diferente e cunha actividade moi completa.

Encántanos recibir visitas!! Agardámosvos de novo cando gustedes. Sempre sodes benvidos.

Moitísimas grazas Iria.😘







Agradecementos MÚSICA VIDEO:  https://www.bensound.com

jueves, 26 de noviembre de 2020

ANÁLISIS DAS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS EN 5º E 6º

Os maiores do noso cole na unidade de Alimentación e Saúde da área das Ciencias Naturais, estiveron a darlle voltas a pirámide alimenticia: en que parte da pirámide se situaban os alimentos, cales eran máis recomendables e cales tiñan que ter unha frecuencia e consumo menor, os ricos en hidratos, vitaminas...

Falando falando, e unha vez chegados aos compoñentes dos alimentos e de que para sabelo deberían observar as etiquetas que os acompañan nos envases, a súa mestra Lau, mandoulles facer un pequeno traballo de investigación.

En que consistiu?

Primeiro: búsqueda na casa da etiqueta dun produto.

Segundo: recoñecemento, discriminación e recollida de información dos datos solicitados.

Terceiro: análisis da cantidade de valor nutricional que tiña en comparación co peso total.

Un traballo completo, productivo e funcional sobre os compoñentes e valor enerxético do que consumimos.

Queda, coma sempre, constancia fotográfica dos seus traballos!!

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!








ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA