lunes, 20 de abril de 2020

PIZZA INFANTIL #EUQUEDONACASA

Inauguramos luns dunha nova semana e agrádanos informarvos de que xa queda...UN DÍA MENOS!!!✌Comecemos a semaniña con moita enerxía positiva e coa vista posta nos desexos que prontiño imos cumprir!

THIAGO, compi de Infantil e a súa familia, pasan hoxe pola nosa coci-Baliño para nos ofrecer a súa receita de PIZZA INFANTIL CASEIRA #EUQUEDONACASA. 🍕

Repetimos pizza, porque nas vosas casiñas están sendo as protagonistas de moitísimos momentos familiares. Son sinxelas, coloridas e sobre todo riquísimas.

INGREDIENTES:

  • masa caseira
  • tomate
  • queixo
  • york
  • champiñón
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Preparamos a nosa masa con auga, fariña e sal
  2. Unha vez lista e ben estiradiña, engadimos salsa de tomate, esparcindo vez por toda a superficie.
  3. Colocamos o queixo en láminas.
  4. Engadimos york e champiñon laminado.
  5. Botamos por riba queixo para gratinar.
  6. Meter ao forno durante 10/15 minutos controlando porque o tempo dependerá do forno e do groso da nosa masa.

Fixádevos como a mami de Thiago, nos recorda que temos que manipular os alimentos coas MANS BEN LAVADIÑAS!! GRACIAS

E... LISTA!! 
Xa podemos disfrutar en familia da nosa pizza caseira!


Animámosvos a probar con diferentes ingredientes... hay infinitas combinacións para preparar as vosas pizzas caseiras, sede orixinais (millo, olivas, atún, piña, espinacas, zorza, champiñóns, tomates en rodas, anchoas, gambas, pemento, polo...)

MOITAS GRACIAS A THIAGO e a súa familia, por pasarse por aquí a compartir as súas cocireceitas!!! 
Un saudiño, bicos e apertas virtuais!!!

domingo, 19 de abril de 2020

MACEDONIA #EUQUEDONACASA

Aquí nos tendes de novo, como cada día cunha nova receita e descontando...UN DÍA MENOS!!!

Hoxe de novo nos visita a profe MAITE, que ten a súa cociña moi activa para nós durante este confinamento e que nos envía a súa receita de MACEDONIA #EUQUEDONACASA. Unha sobremesa moi recorrida feita con anacos de froitas moi variadas á que se lle pode engadir zume ou almibre.


INGREDIENTES:
  • Amorodos
  • plátano
  • kiwi
  • laranxa/mandarina
  • melocotón
  • mazá
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Pelar as froitas que o precisen.
  2. Lavar ben as froitas.
  3. Picar e trocear en anacos pequenos.
  4. Mesturala toda nun bowl.
  5. Espremer por riba un limón (isto evita que a froita se empece a oxidar)
  6. Facer zume de laranxa espremendo as que se consideren oportunas (ao gusto)
Xa podemos gozar dun colorido e saudable prato, sinxelo e rápido.
😘





sábado, 18 de abril de 2020

TORTA DE MAZÁ #EUQUEDONACASA

UN DÍA MENOSSSSSSS!!! Isto está pasando rápido gracias as vosas aportacións e o voso esforzo. Xuntos PODEMOS MÁIS!!

A nosa profe MAITE, segue a enviarnos as súas deliciosas receitas e hoxe proponnos elaborar unha riquísima TORTA DE MAZÁ #EUQUEDONACASA

INGREDIENTES:

  • Hojaldre
  • aceite de oliva
  • fariña
  • mazás golden ou da casa se tendes
  • almibre lixeiro de azucre ou marmelada
PASOS ELABORACIÓN:
  1. Cubrimos un molde cun chorro de aceite de oliva
  2. Espolvoreamos fariña por riba
  3. Estiramos a masa e poñémola sobre o molde
  4. Pelamos e cortamos as mazás pola metade e logo en láminas máis pequenas.
  5. Imos colocando en serie unha detrás doutra en círculo ata completar a espiral.
  6. Metemos ao forno, previamente prequentado a 180º .
  7. Deixamos durante aproximadamente 30 minutos.
  8. Cando a sacamos podemos porlle por riba marmelada de mazá, melocotón, almibre lixeiro de azucre ou nada.
Listo!!! A disfrutar no momento que nos apeteza!!👏👏👏

Grazas Maite!!! Seguimos coas portas do blogue abertas para as túas receitas e para todos e todas os que se animen!!!

ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA