miércoles, 9 de noviembre de 2022

IOGUR NATURAL

A rapazada de 3º e 4º acompañados e supervisados pola súa titora Maite, elaboraron unha receita de Iogur Natural coma antaño se realizaban, dentro da área das Ciencias Naturais na que están a estudar os fermentos.

o iogur é un alimento que se elabora grazas a que hai bacterias que transforman o leite de animais como a vaca. 

Lavaron as mans, vestiron os seus mandís e mans a obra! Que apañados e apañadas! Seguiron as instruccións paso a paso, tal e como volas imos deixar nesta entrada para que o podades realizar nas vosas casiñas. Que hai máis natural que o feito por un mesmo?  E ademais moi san porque non lle engadimos conservantes, nin colorantes nin ningún químico. 

Deixámosvos o PASO A PASO e os INGREDIENTES, ademais das fotos que recollen o momento no que se converteron en "cocinitas". Un traballo en equipo do máis gratificante á par que saudable.

  • INGREDIENTES:
        -1 litro de leite (empregamos leite de vaca         caseiro)
        -1 iogur natural

  • COMOSE FAI:
    • Poñer o leite a quecer ata que ferva, con coidado de que non se bote por fóra do recipiente.
    • Deixar arrefriar e cando o leite estea temperado, botar unha cullerada de iogur e remexer ben.
    • Verter o líquido nun recipiente con tapa, cubrilo co pano de cociña para que non perda calor e deixalo ás escuras, protexido do frío.
    • ou verter en vasiños de cristal, tapar e deixar na iogurteira 12 horas ata o día seguinte.

Por suposto, demos boa conta del, xa que o "zampamos" cando estivo listo nun anaquiño de tempo de ocio.




viernes, 4 de noviembre de 2022

FROITOS DE OUTONO E LÓXICA MATEMÁTICA

 Os/As peque-Baliños están inmersos na experimentación coa chegada da estación do Outono. Coa súa titora Lara, estiveron a crear na aula un espazo adicado ao MUSEO DO OUTONO. Nel foron aparecendo froitos secos propios da época como as castañas e as abelás.

Con eses mesmos elementos, ademais de afondar nas súas características: similitudes e diferenzas... realizamos actividades de lóxica matemática gozando cos números de forma práctica, funcional e divertida.

Ademais tamén explotaron a súa vea máis creativa pintando piñas en equipos: ARTISTAS!!!















jueves, 3 de noviembre de 2022

SABOREA, SABOREA!!: O SENTIDO DO GUSTO

Na aula de 1º e 2º estamos a traballar os sentidos e un dos máis importantes no que a alimentación se refire é o GUSTO.

O profe Jimmy preparou unha actividade para traballar os distintos sabores: doce, amargo, ácedo e salgado. Cada un dos nenos e nenas tiña un platiño con diferentes alimentos: pomelo, chocolate negro, uvas pasas e galletas salgadas. Presentou os alimentos un por un e fomos probando todos e todas á vez o alimento que el dicía. O importante era atreverse e probar alomenos un pouquiño. Fomos todos e todas moi valentes! Posteriormente tiñamos que sinalar a que sabor considerabamos que pertencía. Ao final da actividade, nunha plantilla coloreamos cariñas segundo nos gustara ou non.

Un xeito moi atractivo para ser conscientes dos sabores empregando os sentidos! 









ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA