Nunha das xornadas da semana do Samaín, no noso cole fixemos un traballo colaborativo entre adultos e alumnado: as nosas merendolas de Samaín.
Participamos dende todos os niveis, dende Infantil ata 6º de Primaria.
Cada un elaborou un menú:
- Pantasmas de plátano.
- Mandarinas maléficas.
- Tombas de marmelada.
- Vasoiras de queixo.
- Rice krispies treats (con axuda da nosa auxiliar de conversa, que nos ensinou un prato típico da época no seu país)
Despois de feitas, agardamos ata o recreo para degustar todas as receitas xuntos nunhas xornadas de convivencia interniveis.
Grazas polo voso traballo!!
Unhas merendas sanas e diferentes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario