Benvidos ao noso blogue Aliménta-t Baliño.
Nel recolleremos todas as actividades e receitas que realicemos dentro do proxecto ALIMÉNTATE BEN no que participamos.
O noso obxetivo é concienciar sobre hábitos de alimentación o máis saudables posibles, coñecendo os diferentes alimentos e as súas características e manipulándoos dun xeito o máis atractivo e motivador que poidamos.
Animádevos a quedar con nós e seguir as nosas alimenta-aventuras!
O noso pequeno horto neste tempo da traballiño pero tamén nos da moitas recompensas...
A rapazada tivo a laboriosa tarefa de plantar leituguiñas para as ensaladiñas que nos "papamos" no comedor e como agasallo, a terriña permitiulles recolectar uns deliciosos amorodos que gozaron comendo...
Nati e Madi prepararon unha nova actividade en inglés co tema da alimentación co alumnado de 1º e 2º. Seguimos a tope coa creatividade e a reciclaxe.
Nesta tarefa traballaron a comida típica americana, aprendendo os nomes, escribíndoos e recoñecendo os alimentos e organizando os seus frigoríficos en tres estantes: bebidas, comidas e sobremesas.
Empregaron caixas de cartón para as súas obras de arte.
O venres 13 de maio recibimos á visita dos organizadores do obradoiro que leva por nome Fai clic ao teu bocata.
Os diferentes grupos de convivencia acompañados polo profesorado foron participando e disfrutando das actividades propostas polos organizadores do obradoiro.
O alumnado recibiu información sobre alimentación saudable na que as conservas tiveron un especial protagonismo, nunha charla divulgativa dinámica e participativa. Á vez un dos organizadores, foi o encargado de realizar os bocadillos cos seguintes ingredientes: pan artesán, sardiñas, queixo, leituga e tomate natural.
Despois realizaron uns divertidos xogos relacionados co tema.
Deixámosvos coa recopilación visual da realización deste obradoiro no que gozaron e aprenderon... Que mellor maneira!!??