lunes, 20 de diciembre de 2021

SANTA CLAUS DE FROITA

Para rematar este ano 2021 e como colofón ao final do trimestre, coincidindo coas datas de Nadal, nas aulas de Infantil, os máis cativos prepararon as súas propias merendas facéndonos partícipes das súas creacións: uns Santa Claus de plátano, fresa e arandos.🍌🍓🍇

A froita sempre é unha boa e saudable opción para as merendas e se a iso lle engadimos doses de diversión, imaxinación e ilusión, o éxito está completamente asegurado.

Por suposto, seguimos a coidar e levar a cabo todas as medidas preventivas contra a Covid: lavado de mans, uso de tapabocas e distancia.

Damos conta de que ademais de aprender facendo e experimentando, gañando en autonomía, pasaron un tempiño ben agradable compartindo cos compañeiros e compañeiras.

Queredes ver o resultado? Confiamos en que a resposta é un gran SÍ... Pois aquí o tendes!



 

 

viernes, 3 de diciembre de 2021

MENOS AZUCRE MÁIS SAÚDE

Este lema "- Azucre + Saúde" foi o elixido polo alumnado máis pequecho do Baliño. Xunto coa súa profe Nati levaron a cabo un estudo "científico" de concienciación.

Investigaron sobre o azucre que contiñan determinados alimentos seleccionados. Para elo, buscaron nos envoltorios dos mesmos onde atoparon as cantidades; pesaron o azucre de cada alimento e observaron que as "chuches" e certas bebidas refrescantes contan cunha gran cantidades de azucres que non son bos para a saúde.








Conclusión... 

" Ide con coidado co que comedes, non vos deixedes enganar" MOITO OLLO👀👀

jueves, 18 de noviembre de 2021

COLLEITA DE KIWIS

Esta semana tocounos a recollida de kiwis. O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de levar a cabo esta tarefa!

A verdade é que o noso kiwi nos dotou dunha boa cantidade de froita á que de seguro lle daremos saída. 

Na nosa escola, a froita ten un papel fundamental, tanto como sobremesa coma nos tempos de lecer e ocio. Especialmente o kiwi, ten unha gran acollida entre o noso alumnado!😋😋😍

Quédavos repertorio visual da colleita!

Gracias a todos os/as participantes nesta actividade!



ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA