jueves, 18 de noviembre de 2021

COLLEITA DE KIWIS

Esta semana tocounos a recollida de kiwis. O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de levar a cabo esta tarefa!

A verdade é que o noso kiwi nos dotou dunha boa cantidade de froita á que de seguro lle daremos saída. 

Na nosa escola, a froita ten un papel fundamental, tanto como sobremesa coma nos tempos de lecer e ocio. Especialmente o kiwi, ten unha gran acollida entre o noso alumnado!😋😋😍

Quédavos repertorio visual da colleita!

Gracias a todos os/as participantes nesta actividade!



viernes, 12 de noviembre de 2021

NUTELA FEITA NO BALIÑO PARA A SOBREMESA DO MAGOSTIÑO

Chegado o San Martiño e con el a época dos Magostos, no Baliño preparáramos arreo durante toda a semana para festexar e troulear o venres.

Gústanos a festa e non o podemos negar!! 

É o que hai!

Tivemos paparota e xogos, podedes ver como o pasamos e todo o que organizamos no blog de Lerín da nosa biblioteca. Pero, ademais, tivemos sobremesa sorpresa: "NUTELA CASEIRA".

Aproveitando que un dos seus ingredientes, as abelás, son froitos de outono, estación na que nos atopamos, @s cocinitas (1º e 2º) atacaron de novo e puxéronse mans á obra.

Se o queredes facer necesitades: 

- 50 gr de leite enteira

-75 gr de chocolate fondant

-25 gr de chocolate negro 90%

-100 gr de abelás

-20 gr de manteiga

-75 gr de azucre

Trituramos o azucre e reservamos, moemos as abelás, engadimos o resto de ingredientes e batemos. Reservar nun tarro de cristal no frigorífico e.... listo para untar en rebandas de pan!!

Por suposto, no noso cole compartimos todo con todos e todas, así que tras a comida, repartimos unhas torradiñas de pan coa nutela a todo o que quixo...  ñam ñam

Velaquí tedes o proceso e o resultado!! Sinxelo e riquísimo! Ademais de feito na casa!!!



martes, 9 de noviembre de 2021

GRAFISMOS CREATIVOS CON CASTAÑAS

 Na aula de 4º de Infantil, temos uns artistas en potencia.

Xogando, que é como mellor se aprende, fixeron uns creativos grafismos empregando castañas: círculos con rotuladores arredor de castañas e batedora de cores para facer un fondo para pegar as iniciais dos seus nomes.



















ENTRADA MÁIS RECENTE

OBRADOIRO DE MANTEIGA